domingo, 6 de noviembre de 2016

SAMAÍN 2016


 O día 28 de outubro celebramos o samaín e o magosto.
 O primeiriño que fixemos foi escribir nun papel todo aquelo que nos daba medo para queimalo e así non volvera nunca máis a asustarnos.
 Pintamos cabazas, castelos e decoramos tetra-bricks  do leite para facer bolsiños para as castañas.
 Coa axuda das nosas familias fixemos cabazas mariñeiras e expuxémolas na entrada.Quedáronnos preciosas!!!
 As profes maquilláronnos terrorificamante.
 Disfrutamos dunha pequena festa na que comimos castañas, bebimos refrescos, cantamos e bailamos.
     
                    VAIA     TROULA!!!!!!

   Ademáis, esa semana, trememos todos xuntos/as na bilioteca do centro con contos de medo.




























jueves, 3 de noviembre de 2016

CUMPLE DE CARMEN


  Hoxe día 2 de novembro,celebramos o cumple de Carmen que é a nosa nova compañeira que  ven de Narón .Cumple 5 anos e quixo convidarnos cun riquísimo biscoito que lle comprou a súa mamá.
Estaba boísimooooo!!! e compartímolo tamén cos nosos compañeiros de 3 e 4 anos.
 Moitas grazas Carmen e desexamos que estés moi feliz con nos e que cumplas moitos máis.





martes, 1 de noviembre de 2016

DÍA DA BIBLIOTECA


O 24 de outubro celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA.Ese día veu  visitarnos LEIRA BUXO, un grupo de música galega. Todos os nenos e nenas cantamos con el cancións relacionadas co mar como por exemplo "Catro vellos mariñeiros", "A rianxeira", "Camariñas",...porque estamos xa traballando no proxecto "Coñecemos o mar".
 Pásamolo xenial!!!
 Moitas grazas Leira Buxo por facernos disfrutar dun momento tan especial.
 A continuación podemos ver un anaquiño de actuación.

domingo, 23 de octubre de 2016

CUMPLE DE IRIA GARCIA EN 3 ANOS

O mércores 19 de outubro, na clase de 3 anos celebrámolo cumple de Iria García, pasámolo moi ben e comemos unha tarta preciosa que tiña unha foto dá princesa Sofía, que é unha das súas princesas preferidas, encantounos e hasta deunos un pouquiño de pena ao cortala. 

Como non estaba a profe Arancha que estaba un pouquiño mal do lumbago, preparáronnos a festa a directora Chus Barral, Ester, a profe de 4 anos, e tamén Nati a nosa profe de prácticas. A Arancha deulle moita pena non estar, pero o día seguinte vimos todas as fotos e contámoslle todo e xa se puxo moi contenta.


Ademais Iria tróuxonos de regalo uns  libriños para pintar debuxos do mar, aproveitando que estamos aprendendo moitas cousas co proxecto COÑECEMOS O MAR, vámolos ter uns días na clase para falar de todas as cousas que alí aparecen e pintar un pouquiño, pero en unha ou dúas semanas xa os levamos para a casa para poder seguir traballando outro pouquiño cas nosas familias.



Moitísimas grazas Iria, pasámolo xenial e moitas felicidades por eses 3 anos marabillosos.










lunes, 17 de octubre de 2016

CUMPLE DE CELIA EN 3 ANOS

O venres 14 de outubro, celebramos na clase de 3 anos o cumple de Celia. A súa nai trouxo unha tarta con forma de bolboreta que era unha preciosidade, ademais tiña chocolate e lacasitos pola parte de arriba e gustounos moitísimo. 

Foi moi difícil facer a foto porque todos queríamos comernos os lacasitos canto antes. Todos o compañeiros e as profes cantámoslle a Celia a canción de cumpleanos feliz, pasámolo moi ben e comemos moita tarta que estaba deliciosa, no recreo compartimos cos nenos e nenas das clases de 4 e 5 anos.

Ademais Celia tróuxonos de regalo a todos unhas galletas que tiñan forma de número 3, estaban riquísimas, moitas gracias Celia, moitísimas felicidades e que cumpras moitos máis.













lunes, 10 de octubre de 2016

CUMPLE DE ALBA EN 3 ANOS

O mércores 5 de outubro celebramos o cumple de Alba na clase de 3 anos, pasámolo moi ben e comemos un bolo riquísimo que trouxo a súa nai. Ademais cantámoslle a canción de cumpleanos feliz e bailamos todos xuntos polo aula. Como nos sobrou un anaquiño compartimos cos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos no recreo.

Moitas grazas Alba e que cumpras moitos máis!!








lunes, 19 de septiembre de 2016

CUMPLE DE CARLA

 O venres día 16 de setembro, celebramos na aula de 5 anos o cumple de Carla.A súa mamá preparoulle un biscoito que estaba moi adornadiño con flores e felicitación incluida.Estaba deliciosooo!!!Tanto nos gustou que decidimos convidar a os nosos compañeiros-as de 4 e 5 anos e a eles tamén lles encantou.
 Moitas grazas Carla e que cumplas moitos máis!!!




CUMPLE DE LEO

 O luns 12 de setembro, na clase de 4 anos celebramos o cumple de Leo.Convidounos cun biscoito que fixo a súa mamá.Estaba riquísimoooo!!!Compartímolo cos nenos e nenas de tres e cinco anos.Non quedou nadiña porque somos moi larpeiros e gustounos moito.Tamén nos trouxo unha bolsiña de chuches.
 Moitas grazas Leo e que cumplas moitos máis.





NOVO CURSO 2016-2017

 Xa estamos de volta!!!Axiña pasou o verán e comezamos un novo curso cheo de ilusión e con ganas de aprender ,de xogar,de disfrutar...Dar a benvida a todos e todas e especialmente aos pequeniños de tres anos,desexándolles unha rápida adaptación .
 Temos novas mascotas nas aulas.Trátase de tres pequenos monstruos que nos van facer chegar novos coñecementos,contos,cancións...
 Este ano imos traballar nun proxecto a nivel de centro titulado:" Coñecemos o mar ".Investigaremos e faremos as nosas propias creacións así como algunha saida relacionada co tema.
 Esperamos que todo saia ben e pasar un curso máis disfrutando e aprendendo.
 Dar as  gracias as mamás  e papás por axudar nesta etapa educativa tan importante e como non, aos nenos e nenas que son o noso estímulo e inspiración e que nos fan tan felices co seu cariño.

martes, 28 de junio de 2016

CUMPLE DE PEDRO


O martes día 21 de xuño, celebramos o cumple de Pedro na aula de 4 e 5 anos.Convidounos cun biscoito bañado con chocolate e cheiño de lacasitos.Estaba deliciosoooo!!!Non quedou nin unha migalla!!!
Moitas grazas Pedro e que cumplas moitos máis.