domingo, 6 de noviembre de 2016

SAMAÍN 2016


 O día 28 de outubro celebramos o samaín e o magosto.
 O primeiriño que fixemos foi escribir nun papel todo aquelo que nos daba medo para queimalo e así non volvera nunca máis a asustarnos.
 Pintamos cabazas, castelos e decoramos tetra-bricks  do leite para facer bolsiños para as castañas.
 Coa axuda das nosas familias fixemos cabazas mariñeiras e expuxémolas na entrada.Quedáronnos preciosas!!!
 As profes maquilláronnos terrorificamante.
 Disfrutamos dunha pequena festa na que comimos castañas, bebimos refrescos, cantamos e bailamos.
     
                    VAIA     TROULA!!!!!!

   Ademáis, esa semana, trememos todos xuntos/as na bilioteca do centro con contos de medo.




























No hay comentarios:

Publicar un comentario