sábado, 30 de diciembre de 2023

FESTIVAL DE NADAL 2023

O día 21 de decembro celebramos o festival  de Nadal no salón de usos múltiples de Curtis.

Os nenos/as  de E.I. participamos coa "CANTIGA DO APALPADOR " e " MAKE A CIRCLE".

Pasámolo moi ben.



PAPÁ NOEL CHEGA A CURTIS

 O día 20 de decembro visitounos Papá Noel no colexio de Curtis.Todos os nenos/as esperaban este momento con moita ilusión.

Todos os nenos/as entregáronlle a súa carta a Papá Noel, nela pedíanlle os xoguetes que eles querían e tanto desexaban.

Papá Noel veu cargado de caramelos e agasallos para todos/as.

Pasámolo xenial!!!

Moitas grazas Papá Noel e ata o próximo ano.







lunes, 18 de diciembre de 2023

SAÍDA DIDÁCTICA A SAN PAIO DE NARLA

 

O día 16 de novembro fixemos a primeira saída didáctica deste curso.Visitamos a fortaleza de San Paio de Narla ( FRIOL-LUGO ).Dúas guias acompañáronnos na visita.Vimos as distintas dependencias e explicáronnos moitas cousas interesantes.

Gustounos moito e pasámolo moi ben. Deixamos este vídeo para que disfrutedes das imaxes:



sábado, 9 de diciembre de 2023

CUMPLEANOS DE ANXO

O mércores 5 de decembro na clase de 5 anos, celebramos o cumple de Anxo.

Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.

Anxo trouxo para os seus compañeiros/as unhas bolsas de chuches, que estaban riquísimas!!!

Tamén quixo agasallar aos compañeiros/as de 3, 4 e 5 anos, cunhas caixas  de pastas que estaban boísimas!!!

Moitas grazas Anxo e que cumplas moitos máis!!!

MOITAS FELICIDADES !!!













lunes, 20 de noviembre de 2023

CUMPLEANOS DE IZAN

 O mércores 15 de novembro na clase de 5 anos, celebramos o cumple de Izan.

Escoitamos a canción de cumpleanos feliz. Izan trouxo para os seus compañeiros/as unhas bolsas de chuches, que estaban riquísimas !!!

Antes da hora do recreo,Izan púxose maliño e tivo que marchar para casa.Deunos moita pena que Izan non compartira este día tan especial cos seus compañeiros/as.

Moitas grazas Izan e que cumplas moitos máis !!!

MOITAS FELICIDADES !!!












lunes, 13 de noviembre de 2023

CUMPLEAÑOS DE SAMUEL

 O venres día 10 de novembro na aula de 3 e 4 anos celebramos o cumple de Samu.Xa cumplíu 4 anos!!!

Que maior!!!! Soprou as 4 velas e cantámoslle o cumpleanos feliz.

Regalounos unhas bolsas moi bonitas cheas de chuches e pastas de nadal!Pasámolo moi ben!!!

Moitas grazas Samuel e que cumplas moitos máis!










viernes, 3 de noviembre de 2023

SAMAÍN E MAGOSTO 2023.

O martes 31 de outubro celebramos  no colexio o Samaín e o Magosto. Nas clases de infantil fixemos actividades relacionadas con esta festividade.                                                           Como é tradición  no patio do colexio queimamos os nosos medos.Degustamos castañas asadas e bebimos refrescos.Os nenos/as que quixeron viñeron disfrazados.

Disfrutamos vendo a preciosa exposición de cabazas feitas polas familias.Todas decoradas tendo en conta a temática do noso proxecto interdisciplinar.

Despois de merendar, os nenos/as participaron en diversos xogos populares.

Pasámolo moi ben !!!.