miércoles, 27 de septiembre de 2023

CUMPLEANOS DE IKER

 O luns  25 de setembro na clase de 5 anos, celebramos o cumple de Iker.

Celebrouno na casa pero quixo facelo tamén cos seus compañeiros/as.

Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.

Iker trouxo un biscoito riquísimo.Gustounos moitísimo a todos/as.Tamén repartiu entre os seus compañeiros unhas bolsiñas de larpeiradas.

Moitas grazas Iker e que cumplas moitos máis!!!

MOITAS FELICIDADES !!!












domingo, 17 de septiembre de 2023

VOLTA AO COLE.CURSO 2023-2024

 Iniciamos un novo curso cheo de ilusións e proxectos, para estar xuntos, aprender moitas cousas e pasalo moi ben.

As profes queremos dar a benvida a todos os nenos/as de E. Infantil, especialmente aos de tres aniños que empezan co período de adaptación.Desexamos que progresivamente teñan  unha boa adaptación.

Unha aperta das profes de E.Infantil