jueves, 31 de enero de 2013

CUMPLEANOS DE JOEL

     Na aula de 4 anos celebramos o cumpleanos de Joel. Convidounos a unha riquísima tarta e pasámolo moi ben. Moitas grazas Joel e moitas felicidades no teu día! Que cumplas moitos mais.


miércoles, 30 de enero de 2013

O NOSO RECANTO DE CHINA.

      Xa temos o noso recanto de China cheíño de moitísimas cousas! Estamos moi contentos e queremos saber cada vez máis cousas deste lugar! Aquí vos deixamos  unha mostra do noso rincón e dalgúns dos traballos que xa realizamos.

DIA DA PAZ

      Hoxe celebramos o día da paz no cole. Realizamos manualidades nas tres aulas e rematamos cun baile en roda no patio de primaria. Nós, os pequenos estabamos no centro dun gran círculo e rodeados dos maiores do cole. Foi un día moi divertido. Clica na imaxe para vernos.
 

martes, 29 de enero de 2013

A GRAN MURALLA CHINA.

      Na aula de 4 anos estamos creando un rincón de China. Xa temos moitas cousas que trouxemos das nosas casas e outras que estamos a facer. Pronto vos ensinaremos como nos quedou. Pero  por agora, deixamosvos cunha imaxe panorámica da gran muralla China, onde podedes ver o grandísima que é. Pincha na imaxe.
 
 
        E aquí podes coloreala como máis che guste.  Pincha na imaxe.
 

 

martes, 22 de enero de 2013

CUMPREANOS DE VICTOR

       Hoxe celebramos o cumpreanos de Victor na clase de 4 anos, nun día nevado!. Victor convidounos a unha riquísima tarta de chocolate e nata. Moitísimas gracias Victor, e moitas felicidades! Pásao moi ben no teu día!.
 

viernes, 18 de enero de 2013

BRUXAS E BRUXOS NA AULA DE 5 ANOS!!!

       A aula de 5 anos tivo hoxe moito tráfico aéreo, porque circulaban moitas bruxas e bruxos montados nas súas escobas voadoras!  Estaban todos moi guapos/as, con ese gorro, peluca e capa tan bonitos. Pincha na imaxe se os queres ver.
 

CUMPREANOS DE MARTA

         Hoxe celebramos o cumpreanos de Marta na aula de 4 anos, ainda que en realidade será mañá o seu cumpreanos. Convidounos a un biscoito que estaba boisssiiiimo e do que non quedou nadiña!! Moitas grazas Marta, que disfrutes moito mañá coa tua familia e que cumplas moitos máis!!

 

jueves, 17 de enero de 2013

CHINA

     
        
    Os nenos/as de 4 anos comezamos un novo proxecto sobre China. Estamos recollendo toda a información posible pero xa atopamos algunhas cancións que nos gustan moito e que queremos compartir.
 
              En un bosque de la China.
 
 
                 Chinito de amol
 

 
 
princesa chinaprincesa china
 

viernes, 11 de enero de 2013

OS NOSOS DEBUXOS DE BRUXAS.

            Os nenos/as de 5 anos, continuamos realizando o noso proxecto de bruxas. Esta vez traballamos cunha poesía de Gloria Fuertes, que nos explicaba ¿Como se debuxa unha bruxa?  É moi divertida e a nós encantounos.
 

Despois fixemos os nosos debuxos e como podedes ver quedaronnos preciosos! Como xa sabiamos debuxar as bruxas, despois de todo o aprendido, nos esquecimos nin un só detalle!

CUMPLEANOS DE LUCÍA

        Hoxe celebramos na aula de 5 anos o cumpreanos de Lucía. Convidounos a un biscoito .... mmmmmm! riquísimo!!! Moitas gracias Lucía e desexamosche un moi feliz cumpreanos.