martes, 27 de diciembre de 2016

CUMPLEANOS DE MARTÍN


 O martes día 20 de decembro celebramos o cumple de Martín.Foi un día moi especial porque estaba prevista a visita de papá Noel e estabamos todos moi nerviosos.
 Martín trouxo un biscoito grandísimo, todo nevado de azucre e cunhas láminas de chocolate desexándolle felicidades.Estaba boísimoooo e convidamos aos nosos compañeiros de 3 e 4 anos como facemos sempre.
 Moitas grazas amigo e que cumpras moitos máis!!!







jueves, 1 de diciembre de 2016

CONMEMORACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Nas aulas de Infantil de Curtis tamén traballamos o día contra a violencia de xénero. Todos os nenos e nenas do ciclo xuntámonos no aula de 5 anos e as profes explicáronnos o importante que é tratar ben as nosas mamás e estarlles moi agradecidos por todo o que nos coidan e todo o tempo que nos dedican. Tamén falamos da importancia de tratarnos ben, respectarnos e querernos entre nos independentemente de ser nenos ou nenas.
Ademais as profes léronnos o conto Arturo e Clementina no que dúas tartarugas namóranse e casan, pero Clementina está soa na casa todo o día e abúrrese moito, por se fora pouca cando Arturo chega a casa non a trata ben, insúltaa e dille que non vale para nada. Arturo facíalle regalos que Clementina tiña que levar por riba da súa cuncha ata que foi tan pesado que xa non poido máis e marchou da casa. Todos decatámonos de que Arturo era moi malo e que así non se pode tratar a ninguén.

A lectura e a posterior actividade axudounos moito para reflexionar sobre este tema xa que é nestas primeiras idades cando temos que empezar a traballar todo o relacionado cá educación en valores, para metelo ben na testa e que nunca, nunca máis se nos esqueza.




CUMPLEANOS DE HUGO

O mércores 30 de novembro celebramos o cumpleanos de Hugo na clase de 4 anos. Convidounos cun precioso biscoito con forma de peixe, cuberto de lacasitos de cores, que fixo a súa mamá.
Estaba boísimo!!!
Compartímolo cos nenos e nenas de tres e cinco anos.Comímolo todo, todo. Gustounos moitísimooo!!!
Troúxonos tamén bombóns e uns bonitos libros para colorear na casa con pinturas de cores.
Moitísimas grazas Hugo e que cumplas moitos máis.