lunes, 29 de octubre de 2012

CONTOS DE MEDO.

Hoxe visitamos a biblioteca do centro onde vimos un montón de cabazas decoradas polos nenos/as do cole... Unhas moi divertidas e outras moi monstruosas!!
Despois, as profes, contaron contos de lobos, cabazas e bruxas. Ao rematar escoitamos a canción de un deles. Aquí a deixamos para que a podades cantar na casa.




jueves, 25 de octubre de 2012

TEMPO DE SAMAÍN.

Estes días estamos a preparar as nosas aulas para o Samaín. Pronto descubriredes todas as cousiñas que fixemos... Pero mentras tanto deixámosvos aquí uns xogos moi monstruosos!!

- Elixe unha cor e ponlle complementos ao teu monstruo! Se ademais queres que o monstruo che diga como quere ir dalle ao altavoz e pediracho en inglés!
 
 
 
-Outro xogo para facer a cara de un monstruo
 
 
-E a canción da bruxiña tapita, que tanto estamos a cantar no cole estes días.
 
 
  



martes, 23 de octubre de 2012

O OUTONO

Os nenos/as de educación infantil traballamos moito para decorar as nosas aulas e ambientalas coa estación na que estamos: o outono. Aquí tedes unha mostra do que fixemos...

viernes, 12 de octubre de 2012

BENVIDOS A TODOS/AS

        Benvidos a todos/as ao novo blog de infantil do Ceip de Curtis. A través del amosaremos algunhas das actividades que realizamos no cole e o ben que o pasamos! Aproveitamos para decirvos que podedes deixarnos comentarios das diferentes publicacións que realicemos para coñecer a vosa opinión.

          Para comezar deixamosvos unha canción dos tres porquiños que lles encanta aos nenos/as.