miércoles, 16 de octubre de 2019

CUMPLEANOS DE XIANA

O día 8 de outubro na clase de 4 anos, celebramos o cumpleanos de Xiana coa nosa nova mascota PELUSA.Cantamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.Xiana convidounos cun riquísimo biscoito de chocolate que fixo a súa mamá.
Que rico estaba!!! Boísimo!!Pasámolo xenial!!!
Moitas grazas Xiana e que cumplas moitos máis.







CURSO 2019-20


Benvidos a todos os nenos e nenas de infantil!!!
Este curso imos aprender e pasalo moi ben todos xuntos.
Investigaremos sobre un tema concreto no proxecto "Un conto,unha maleta".Asi 4º de infantil traballará Kenia,5º Estados Unidos e 6º Groenlandia.
Publicaremos fotos das distintas actividades e saídas que fagamos para así,lembrar os momentos vividos e compartidos por todos e todas.
Oxalá sea un curso moi positivo!!!

                                    MOITOS BICOS!!



Resultado de imagen de IMAGENES DE CUENTOS DEL MUNDO

sábado, 22 de junio de 2019

CUMPLE DE DAMIÁN

O xoves,13 de xuño,na aula de 4 anos celebramos o cumple de Damián.
A súa mamá fíxonos un biscoito enorme que estaba sabrosísimo!!!
Todos-as repetimos e despois invitamos aos nosos compañeiros de 3 e 5 anos.Non quedou nin unha migalla!!!
Soplou a vela e cantámoslle o "Cumpleanos Feliz"
Moitísimas felicidades Damián e que cumplas moitos máis!!!






jueves, 6 de junio de 2019

Proxecto: "Os medios de comunicación e a convivencia"

Bos días! 
O curso está a piques de rematar, e como ben sabedes, este ano o noso proxecto de centro son os medios de comunicación e a convivencia. Con motivo de facer un recopilatorio do aprendido, esta semana expoñemos na biblioteca do centro os nosos traballOs. Os primeiros en impresionarnos co seu propio telexornal foron os compañeiros e compañeiras de infantil. Pedazo periodistas temos en Curtis!

viernes, 24 de mayo de 2019

CUMPLE DE IRIA

  Este mércores, 22 de maio, na aula de 5 anos celebramos o cumple de Iria; pouquiño a pouco van chegando todos/as aos 6 anos e están encantados de ser tan maiores!!
Para a festa a nai de Iria tróuxonos un rico biscoito que estaba delicioso! A mostra foi que non quedou nin unha miga... aínda que deixamos un trozo para compartir cos compañeiros de 3 e 4 anos.
Tamén soplamos a vela e, como non, cantamos o Cumpleanos feliz.
Pasámolo moi ben!!





 
 

miércoles, 15 de mayo de 2019

CUMPLE DE BERTA

Hoxe 15 de maio, celebramos na aula de 4 anos o cumple de Berta.
Cumpliu 5 anos ,que maior!!!O seu papá e o seu irmán Saul trouxéronnos á clase un biscoito cheo de pepitas de chocolate que estaba riquíiiiiisimo!!!!Como somos tan larpeiros comímolo todiño.
No recreo convidamos aos nenos e nenas de 3 e 5 anos.
Moitas grazas Berta e que cumplas moitos máis!!!





lunes, 13 de mayo de 2019

CUMPLE DE CANDELA

Hoxe, 13 de maio celebramos na aula de 5 anos o cumple de Candela.
Cumpliu 6 anos e para celebralo o seu papá trouxonos un biscoito que estaba moi bo.
Comímolo todiño, non deixamos nin unha migalla.
No recreo compartímolo cos nenos -as de 3 e 4 anos.
Moitas felicidades Candela e que cumplas moitos máis!!!






CUMPLE DE LUCAS

O mércores día 8,celebramos o cumple de Lucas na aula de 5 anos.
A súa mamá trouxonos un biscoito de chocolate que estaba riquíiiiiiisimo e tamén unha bolsiña de chuches.
Cumpliu 6 anos e todos-as cantámoslle cumpleanos feliz mentras él soplaba a vela.
No recreo convidamos aos nenos-as de 3 e 4 anos.
Moitas felicidades Lucas e que cumplas moitos máis!!!






jueves, 9 de mayo de 2019

CUMPLE DE ANTÓN

O mércores día 8,celebramos na aula de catro anos o cumple de Antón.O seu papá trouxonos un biscoito con sabor a limón feito por él que estaba riquíiiiiisimo!!!
Comímolo todiño e no recreo compartímolo cos nenos e nenas de tres e cinco anos.
Moitísimas grazas Antón e que cumplas moitos máis!!!





miércoles, 8 de mayo de 2019

Telexornal Curtis: LETRAS GALEGAS



Con motivo da celebración das letras galegas, na vindeira semana levaremos a cabo unha serie de actividades. Queredes saber cales? Aquí tedes o noso programa.




viernes, 3 de mayo de 2019

Semana do libro 3/3

O pasado venres, os nenos e nenas de Educación Infantil fomos os encargados de clausurar a semana do libro con dúas fermosas poesías sobre a primavera e un conto chulísimo. Queredes ver que ben o fixemos? Mirade!

martes, 30 de abril de 2019

Teatro en inglés: "Jack and the Giant"

O pasado martes 23, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria visitamos o CEIP Forte Bragade de Cesuras para acudir a fantástica obra de teatro "Jack and the Giant", da compañía Face2face; unha historia inspirada no famoso conto das fabas máxicas.

RESEÑA:
Jack, un mozo de familia humilde, intercambia a vaca da súa familia por unhas fabas máxicas. As fabas crecen pola noite e convértense nunha xigantesca árbore. Jack escala a árbore ata chegar a un palacio nas minchas cuxo inquilino é un xigante feroz e cruel. Conseguirá Jack facerse amigo do xigante?






lunes, 29 de abril de 2019

CUMPLE DE ALBA

O venres 26 de abril,celebramos na aula de 4 anos o cumpleanos de Alba.A súa mamá trouxonos un biscoito riquíiiiiisimo!!!!Estaba recheo de pepitas de chocolate e encantounos a trodos.
Como era grande,compartímolo cos nenos e nenas de 3 e 5 anos.
Moitísimas felicidades Alba e que cumplas moitos máis!!!