lunes, 19 de septiembre de 2016

CUMPLE DE CARLA

 O venres día 16 de setembro, celebramos na aula de 5 anos o cumple de Carla.A súa mamá preparoulle un biscoito que estaba moi adornadiño con flores e felicitación incluida.Estaba deliciosooo!!!Tanto nos gustou que decidimos convidar a os nosos compañeiros-as de 4 e 5 anos e a eles tamén lles encantou.
 Moitas grazas Carla e que cumplas moitos máis!!!




CUMPLE DE LEO

 O luns 12 de setembro, na clase de 4 anos celebramos o cumple de Leo.Convidounos cun biscoito que fixo a súa mamá.Estaba riquísimoooo!!!Compartímolo cos nenos e nenas de tres e cinco anos.Non quedou nadiña porque somos moi larpeiros e gustounos moito.Tamén nos trouxo unha bolsiña de chuches.
 Moitas grazas Leo e que cumplas moitos máis.





NOVO CURSO 2016-2017

 Xa estamos de volta!!!Axiña pasou o verán e comezamos un novo curso cheo de ilusión e con ganas de aprender ,de xogar,de disfrutar...Dar a benvida a todos e todas e especialmente aos pequeniños de tres anos,desexándolles unha rápida adaptación .
 Temos novas mascotas nas aulas.Trátase de tres pequenos monstruos que nos van facer chegar novos coñecementos,contos,cancións...
 Este ano imos traballar nun proxecto a nivel de centro titulado:" Coñecemos o mar ".Investigaremos e faremos as nosas propias creacións así como algunha saida relacionada co tema.
 Esperamos que todo saia ben e pasar un curso máis disfrutando e aprendendo.
 Dar as  gracias as mamás  e papás por axudar nesta etapa educativa tan importante e como non, aos nenos e nenas que son o noso estímulo e inspiración e que nos fan tan felices co seu cariño.