lunes, 19 de septiembre de 2016

NOVO CURSO 2016-2017

 Xa estamos de volta!!!Axiña pasou o verán e comezamos un novo curso cheo de ilusión e con ganas de aprender ,de xogar,de disfrutar...Dar a benvida a todos e todas e especialmente aos pequeniños de tres anos,desexándolles unha rápida adaptación .
 Temos novas mascotas nas aulas.Trátase de tres pequenos monstruos que nos van facer chegar novos coñecementos,contos,cancións...
 Este ano imos traballar nun proxecto a nivel de centro titulado:" Coñecemos o mar ".Investigaremos e faremos as nosas propias creacións así como algunha saida relacionada co tema.
 Esperamos que todo saia ben e pasar un curso máis disfrutando e aprendendo.
 Dar as  gracias as mamás  e papás por axudar nesta etapa educativa tan importante e como non, aos nenos e nenas que son o noso estímulo e inspiración e que nos fan tan felices co seu cariño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario