martes, 30 de abril de 2019

Teatro en inglés: "Jack and the Giant"

O pasado martes 23, os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria visitamos o CEIP Forte Bragade de Cesuras para acudir a fantástica obra de teatro "Jack and the Giant", da compañía Face2face; unha historia inspirada no famoso conto das fabas máxicas.

RESEÑA:
Jack, un mozo de familia humilde, intercambia a vaca da súa familia por unhas fabas máxicas. As fabas crecen pola noite e convértense nunha xigantesca árbore. Jack escala a árbore ata chegar a un palacio nas minchas cuxo inquilino é un xigante feroz e cruel. Conseguirá Jack facerse amigo do xigante?






lunes, 29 de abril de 2019

CUMPLE DE ALBA

O venres 26 de abril,celebramos na aula de 4 anos o cumpleanos de Alba.A súa mamá trouxonos un biscoito riquíiiiiisimo!!!!Estaba recheo de pepitas de chocolate e encantounos a trodos.
Como era grande,compartímolo cos nenos e nenas de 3 e 5 anos.
Moitísimas felicidades Alba e que cumplas moitos máis!!!





jueves, 25 de abril de 2019

Semana do libro (2/3)


Continuando coa Semana do Libro, hoxe as narracións de contos estiveron a cargo dos nosos compañeiros e compañeiras de primeiro, segundo e terceiro de Educación Primaria. Queredes saber cales foron os contos elixidos? Descubrideo no vídeo!


Semana do libro (1/3



 Con motivo da celebración do Día do libro, e aproveitando as sesións do plan lector, ao longo desta semana  reunirémonos na biblioteca do centro para compartir relatos e contos. Hoxe os compañeiros e compañeiras de cuarto, quinto e sexto de primaria foron os encargados de inaugurar dita celebración. Mirade que ben o fixeron!




miércoles, 24 de abril de 2019

Excursión ao Museo de Historia Natural e visita á exposición “Como hemos Cambiado”

O pasado 12 de Abril, o alumnado de Educación Infantil e os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria fomos ata Santiago para ver a exposición "Como hemos cambiado", no centro comercial As Cancelas, na que descubrimos como era a vida cotiá na década dos 50, 60, 70 e 80: escenografías, utensílios de cociña, xoguetes, teléfonos, ordenadores...

Despois de merendar e xogar un pouco no parque, achegámonos ata o Museo de Historia Natural para coñecer as súas coleccións botánicas, zoolóxicas e xeolóxicas.

Mirade que ben o pasamos!


martes, 23 de abril de 2019

CUMPLEANOS DE SABELA

O martes 23 de abril, na clase de 3 anos celebramos o cumpleanos de Sabela coa nosa mascota MUNA.Cantamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.Sabela convidounos cun riquísimo biscoito de chocolate, decorado con lacasitos de cores e gominolas de fresas,plátanos...que fixo a súa mamá. O biscoito levaba un cofre de ladybug cheo de moedas de chocolate.
Que rico estaba!!!
Boísimo!!!
Compartímolo cos nenos/as de 4 e 5 anos.Pasámolo xenial!!!
Moitas grazas Sabela e que cumplas moitos máis.






viernes, 12 de abril de 2019

CUMPLEANOS DE UNAI

O mércores 3 de abril celebramos na aula de 5 anos o cumple de Unai.
A súa mamá fíxonos dous biscoitos de chocolate adornados con fideos de azúcar que estaban riquíiiiisimos!!!!
Compartímolos cos nosos compañeiros-as de 3 e 4 anos.
Moitísimas felicidades Unai e que cumplas moitos máis!!!





miércoles, 3 de abril de 2019

CUMPLEANOS DE SARA

O martes 2 de abril celebramos na aula de 5 anos o cumple de Sara.Cantamos a canción de cumpleanos feliz.A súa mamá fíxonos un riquísimo biscoito de chocolate, que estaba boísimo!!!
No recreo compartímolo cos nenos/as de 3 e 4 anos.Non quedou nadiña.Moitas grazas Sara e que cumplas moitos máis. 




 

CUMPLEANOS DE ALEX.

O mércores 3 de abril, na clase de 3 anos celebramos o cumpleanos de Alex coa nosa mascota MUNA.Cantamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.
Alex convidounos cun riquísimo biscoito de chocolate, coa imaxe de Spiderman e decorado con bolitas de cores, que fixo a súa mamá.
Qué rico estaba!!!
Boísimo!!!
Comímolo todo .Compartímolo cos nenos/as de 4 e 5 anos.
Pasámolo xenial!!!
Moitas grazas Alex e que cumplas moitos máis.





lunes, 1 de abril de 2019

CUMPLE DE ALICIA

O xoves 28 de marzo, celebramos na aula de 4 anos o quinto cumpleanos de Alicia.
A súa mamá fixo coa axuda de Alicia  un biscoito de chocolate que estaba riquísimooooo!!!!
Que boas reposteiras!!!
Compartímolo cos nosos compañeiros de 3 e 5 anos e non quedou nin unha migalla.
Moitas grazas Alicia e que cumplas moitos máis!!!