domingo, 29 de octubre de 2017

SAMAÍN 2017

O venres 27 de outubro celebramos a FESTA DO SAMAÍN.
Como todos os anos,decoramos cabazas na casa coa axuda das nosas familias e fixemos a exposición
na entrada cos nenos e nenas de primaria.
O tema do do proxecto deste ano é "A vida no campo",por iso as cabazas representan algo del.
Quedaron todas preciosas!!!
Partindo da biblioteca fixemos contos de medo e expuxéronse no patio.
Fixemos fotos no fotocall, como nos molou!!!
Comemos noces, améndoas e castañas acompañadas de refrescos e auga.
Xa para rematar,bailamos e saltamos.Que ben o pasamos!!!
Queremos dar as grazas ás familias por colaborar con nós.
A continuación deixamos unhas fotos para lembrar este día.