lunes, 21 de junio de 2021

CUMPLE DE ELENA

 Hoxe 21 de xuño celebramos o cumple de Elena.Tocáballe no verán pero como non estamos xuntos,decidimos festexalo hoxe.Encántanos a troula, por iso cantamos o cumpleanos feliz,escoitamos cancións e bailamos.

Xa cumpliu 5 anos!!!

Agasallounos cunhas larpeiradas que viñan nuns sobres de dinosaurios chulísimos.

Moitísimas grazas Elena e que cumplas moitos máis!!!









 

viernes, 18 de junio de 2021

CUMPLE DE AROA!

Seguimos de festa!! esta vez tocoulle a Aroa, que ben lle senta a coroa.. ;) Para celebralo trouxo larpeiradas e un sello que nos gustou moito... coma sempre cantamos a canción do cumple e bailamos e pasámolo moi ben!!!!

Moitas Felicidades!!! 






jueves, 17 de junio de 2021

CUMPLE DE ALONSO

O mércores 16 de xuño celebramos o cumple de Alonso na clase de 5 anos, coa nosa mascota PLIM.Celebrámolo un pouco antes de tempo, xa que o seu día coincide nas vacacións de verán.

Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.

Alonso convidounos cunhas galletiñas riquísimas e tamén cun paquete de huesitos.

Gustáronnos moito!!!.Moitas grazas Alonso e que cumplas moitos máis.











PARABÉNS HUGO!!

 MOITAS FELICIDADES HUGO!! Vaia semana de celebracións... onte tamén tivemos festa. Con gusanitos, chocolate e un agasallo moi chulo, unha mochila e pinturas para decorarla. Moitas grazas Hugo.

Que cumplas moitos anos maisssssss!!!





miércoles, 16 de junio de 2021

CUMPLE DE LEILA

 Hoxe mércores 16,celebramos na aula de 4 anos o cumple de Leila.A verdade é que adiantámolo un pouco xa que o seu aniversario coincídelle nas vacacións.

Cinco aniños xa!!!Como pasa o tempo!!!

Trouxonos unhas palmeritas,paraugas de chocolate,lacasitos e pastillas de caramelo.Estaba todo riquísimoooo.Tamén un pompero para facer pompas.

Cantamos "Cumpleanos feliz" e outras cancións.Pasámolo moi ben!!!

Moitísimas grazas Leila e que cumplas moitos máis.








CUMPLE DE MARTINA

 QUE BEN O PASAMOS!!! MARTINA TROUXO UN REGALO QUE NOS ENCANTOU, UNHA PISTOLA DE AUGA CHULÍSIMA, ADEMAIS O DÍA ERA PERFECTO PARA XOGAR CON ELAS... FIXO TANTO CALOR...!!

MERENDAMOS, CANTAMOS E XOGAMOS UN POUCO FORA CON ELAS A MOLLAR A PROFE ANTES DA  HORA DO RECREO...  :) FOI UN DÍA XENIAL.

MOITAS GRAZAS MARTINA!!!












domingo, 13 de junio de 2021

CUMPLE DE ELIÁN

 O venres día 11 na clase de 4 anos ,celebramos o cumple de Elián.

Que maior vai! Xa cumple 5 anos!

Como lle coincidía nas vacacións de verán,decidimos celebralo este día.

Regalounos a todos unha planta de fresas que nos encantou.

Cantámoslle  "Cumpleanos feliz" e outras cancións.Pasámolo xenial!

Moitísimas grazas Eli e que cumplas moitos máis.









jueves, 10 de junio de 2021

CUMPLE DE THIAGO

 O luns día 7, celebramos na aula de 4 anos o cumple de Thiago.Xa cumplíu 5 anos! Que chicazoooo!

Convidounos cunhas bolsiñas cheiñas de chuches e encantáronnos .

Cantamos o cumpleanos feliz e outras cancións para festexar este día.

Moitísimas grazas amigo e que cumplas moitos máis!!!








EDUCANDO CON MALIBÚ

Esta semana recibimos no colexio de Curtis unha visita moi especial. Visitounos a cadeliña Malibú e a súa dona Adriana, da casa grande de Xanceda.
Adriana contounos a historia de Malibú. Esta cadeliña foi abandonada e quedou moi triste, desorientada e sen saber a onde ir.
A casa grande de Xanceda adoptouna e agora xa é parte da familia desta casa.
A cadeliña educa aos nenos na tenencia responsable de animais e fomenta a adopción.
Antes de marchar a cadeliña deixounos unhas tatuaxes moi bonitas.
Moitas grazas Malibú por visitarnos  e polo teu traballo.
Deixámosvos unhas fotos.Esperamos que vos gusten: