viernes, 3 de julio de 2015

O NOSO CORPO

No segundo trimestre todo infantil investigamos sobre " O noso corpo ". Trouxemos da casa diversa información e tamén da biblioteca de aula e do centro. Creamos os recunchos do proxecto nas duas aulas e puxémonos a traballar.
Medímonos, pesámonos, fixemos fichas, recitamos poesías, coloreamos, cantamos cancións, fixemos puzzles, buscamos información en internet...
A mamá de Alba que é enfermeira veu  a visitarnos e trouxo unha caixa cheiña de ósos de madeira  (igualiños cós que temos no corpo) para explicarnos como eran, os seus nomes,...Aprendimos moitísimo e pasámolo moi ben.Puxemos luvas e manipulamos os ósos do craneo, dos brazos, das pernas,da espalda...

           MOITAS GRAZAS EVA POR ENSINARNOS TANTAS COUSAS!!!

Tamén queremos agradecer ás familias a súa colaboración por aportar diversos materiais.
A continuación deixámosvos unhas fotos
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This slideshow generated with Smilebox
proxecto.

jueves, 2 de julio de 2015

CUMPLEANOS DE SERGIO E PEDRO


 O xoves 18 de xuño estiveron de cumple Sergio e Pedro. Trouxeron dous biscoitos riquíiiiisimos e nós como somos tan larpeiros-as  non deixamos nin unha migalla.
 Moitas felicidades para Sergio e Pedro e que cumplades moitos  máis.