miércoles, 26 de febrero de 2020

ENTROIDO 2020

 Este ano festexamos o entroido disfrazándonos coas vestimentas dos paises que estamos a traballar no noso proxecto "UN CONTO,UNHA MALETA".Asi os nenos e nenas de 3 anos foron de Masais(tribu de Kenia en África),os de 4 de Indios porque están investigando sobre América e os de 5 anos de Inuits porque o seu país é Groenlandia.
 Demos un paseo polo pobo xunto cos nosos compañeiros-as de primaria e despois  comemos filloas,rosquillas,orellas e buñuelos recheos de nata.Estaba todo riquísimo!!!
Moitísimas grazas á ANPA por aportar estes postres exquisitos e a todos os papás e mamás por colaborar con nós.
 A continuación deixámosvos unhas fotos.Esperemos que vos gusten.