jueves, 22 de junio de 2023

CUMPLE DE ALBA

 O venres 16 de xuño celebramos na aula de 3 anos o cumple de Alba.Xa cumpliu 4 anos, que maior!

A súa mamá trouxonos unha tarta riquísima e un paquetiño de chuches para celebralo.

Cantamos o cumpleanos feliz ,bailamos e pasámolo moi ben.

Moitísimas grazas Alba e que cumplas moitos máis!











martes, 20 de junio de 2023

CUMPLEANOS DE CARLA L. E CARLA R.

 O día 19 de xuño de 2023, celebramos na aula de 5º de Educación Infantil os cumples de Carla L. e Carla R. Son os dous últimos cumples de este curso. Carla R. vai facer os 5 anos o día 9 de xullo e Carla L. cumpliraos o 11 de xullo. 

Aquí veredes as imaxes da festiña de celebración anticipada que fixemos na clase cos amigos e amigas do cole.

Puxemos a canción de "Cumpleaños feliz" e cantamos todos xuntos/as. Despois Carla R. e Carla L. repatíronnos unhas bolsiñas con chuhes que tiñan moitas lambetadas: chupa-cups, chuches con forma de verme, de ovo frito, arroz inflado... e moitas cousas máis. Gustáronnos moito!

Moitas grazas e moitas felicidades para Carla L e Carla R.

Unha aperta dos amigo/as e da vosa profe.




















viernes, 16 de junio de 2023

CUMPLEANOS DE ALBA E NAHIA

 Hoxe, 16 de xuño de 2023, celebramos os cumples de Alba e Nahia. Elas farán os 5 anos durante o verán (Alba o 21 de xuño e Nahia o día 9 de agosto), pero quixeron facer unha festa e celebralo con todos os compañeiro/as da clase antes de que remate o curso.

Comenzamos a celebración cantando a canción de "Cumpleaños feliz" de Parchís e despois repartimos as bolsiñas de agasallos de Nahia e Alba, que tiñan moitas cousiñas: chuches, globos, pica-pica, madalenas, pegatinas, moedas de chocolate, lapis moi chulos, ... Encantáronnos!! Pasámolo moi ben!

Moitas grazas, Nahia e Alba e moitas felicidades.

Unha aperta dos compañeiro/as e da vosa profe.























martes, 13 de junio de 2023

CUMPLEANOS DE IRÍA DÍAZ

 O martes 13 de xuño na clase de 5 anos, celebramos o cumple de Iría Díaz.Tiña moitísimas ganas de celebralo cos seus compañeiros/as.Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.

Iría e a súa nai fixeron unha tarta riquísima con forma de tren.Nos vagóns levaba caramelos e chuches variadas.Como era un tren moi grande, Iría quixo compartilo cos nenos/as de 3 e 4 anos.Gustounos moitísimo a todos/as.

Convidounos tamén cunhas galletas de Minions que estaban boísimas.

Moitas grazas Iría Diaz e que cumplas moitos máis!!!

MOITAS FELICIDADES!!!