miércoles, 17 de junio de 2015

CUMPLEANOS DE JUAN


  O venres 19de xuño, celebramos o cumple de Juan.A súa nai
fíxolle unhas galletas riquíiiisimas bañadas con chocolate negro e blanco.Viñan nunhas bolsiñas que lle fixo a mamá e tamén traían
dentro unha piruleta e pitillos de chocolate.
  A todos-as nos encantou o teu agasallo.
  Moitas felicidades Juan e que cumplas moitos máis.





lunes, 15 de junio de 2015

CUMPLEANOS DE VERA

O luns 15 de xuño celebramos na clase de 4 e 5 anos o cumpleanos de Vera.
Convidounos cun riquísimo biscoito rectangular decorado co nome de Vera, 6 velas e unha figura preciosísima de Pepa Pig. Estaba boísimo!!! Riquísimo!!!
Tamén convidou os seus compañeiros cunhas riquísimas piruletas de galleta coa cara de Hello Kitty e tamén unhas riquísimas galletiñas redondas.Que bonitas e que deliciosas estaban!!!
Moitas grazas Vera e que cumplas moitos máis!!!




martes, 9 de junio de 2015

CUMPLEANOS DE LUCAS

O luns 8 de xuño celebramos na clase de 4 e 5 anos o cumpleanos de Lucas. Convidounos cun riquísimo biscoito redondo.
Compartímolo tamén cos nosos compañeiros da outra clase de 3 e 4 anos.
Que riquísimo estaba o biscoito!!!Encantounos.
Pasámolo moi ben, xenial!!!
Moitas grazas Lucas e que cumplas moitos máis.




viernes, 5 de junio de 2015

CUMPLE DE PAULA


 O xoves 4 de xuño, celebramos o cumple de Paula.A súa nai fíxolle unha tarta con forma de corazón adornada con chocolate e fideos de colores.Tamén lle puxo as letras do seu nome.Que bonita quedou
e que ricaaaaa!!!
 Despois invitamos aos nenos-as da outra clase e encantoulles.
 Moitas grazas Paula e que cumplas moitos máis.
 Moitas grazas tamén polos detalliños que trouxeches aos teus compañeiros.





miércoles, 3 de junio de 2015

SAÍDA A TEIXEIRO

 
   O venres,29 fixemos unha saida a Teixeiro.Vimos a árbore da Nosa Señora, o centro etnográfico do río Mandeo onde nos proxectaron unha película de 6 minutos sobre a nosa comarca.Tamén vimos castros e o campamento da Ciadella nunhas pantallas,  mentras nos explicaban como foran construidos.E fixemos algo moi importante: todos-as deixamos escritos os nosos nomes no libro de visitas.
  Por último visitamos aos nosos compañeiros de educación infantil de Teixeiro.Convidáronnos cun riquísimo biscoito de iogur,galletas,chocolatinas e zume.Que boísimo estaba todoooo!!!Despois ensináronnos un video coas distintas actividades que fixeron ao longo do curso, e por último fixémonos fotos.

                       FOI  UN  DÍA  ESTUPENDO !!!
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Photo slideshow created with Smilebox