miércoles, 29 de abril de 2015

A PRIMAVERA EN INFANTIL


Coa primavera e a pascua a escola floreceu, que bonita está agora, que cálida  e canta cor!!!

Recortamos moitas flores e pintamos as macetas,engalanamos as portas que quedaron moi coquetas.








ARTISTAS EN EDUCACIÓN INFANTIL


Partindo do proxecto "Curtis e a súa contorna"estivemos vendo cadros da pintora curtiense María Antonia Dans.Tanto nos gustou a súa obra que decidimos pintar algúns cadros e expoñelos nas nosas aulas.Como nos quedaron tan bonitos levámolos a primaria para que toda a comunidade escolar e todas as persoas que quixeran, poidesen  disfrutar das nosas obras de arte .A continuación deixámosvos unhas fotos para recrear a vista.


   ESPEREMOS QUE VOS GUSTEN!!!!









CUMPLEANOS DE PAULA

O mércores 29 de abril celebramos na clase de 4 e 5 anos o cumpleanos de Paula. Convidounos cun riquísimo biscoito redondo, decorado con moitísimas gominolas variadas e con merengue.
Compartímola tamén cos compañeiros da outra clase de 3 e 4 anos.
Que boísimo estaba o biscoito!!!
Pasámolo moi ben porque ademais Paula regaloulles os seus compañeiros/as globos e caramelos.
Moitas grazas Paula e que cumplas moitos máis.





lunes, 27 de abril de 2015

VISITA DUN COLE AMIGO

 O día 23 de abril recibimos no noso cole aos nenos-as de educación infantil de Teixeiro.
Enseñámoslles a exposición de María Antonia Dans ,logo fomos a biblioteca e alí coñeceron a Pepiño, unha marioneta moi simpática.Escoitamos o conto titulado "El ratoncito valiente" .Cómo nos gustou!!!Despois as profes de infantil de Curtis regaláronnos un marcapáxinas no que aparecía o ratiño do conto.Desta forma celebramos o día do libro cunha fermosísima lectura que remata coa amistade entre un lobo e un ratiño.
Os nenos de Teixeiro( os de 5 anos) recitaron unha poesía e fixeron un baile.Despois bailamos todos xuntos.Tras tanta troula repuxemos forzas cunha rica merenda e xogamos no patio.

       FOI  UN  DÍA  ESTUPENDO!!!!!!

A continuación deixámosvos unhas fotos desta xornada
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another picture slideshow by Smilebox
especial.

domingo, 12 de abril de 2015

CUMPLEANOS DE RAÚL

O martes 7 de abril celebramos na clase de 4 e 5 anos o cumpleanos de Raúl.Convidounos cunha riquísima tarta de galletas e chocolate, adornada con gominolas variadas.
Compartímola tamén cos compañeiros da outra clase de 3 e 4 anos.
Pasámolo moi ben!!! Que boísima estaba a tarta!!!
Moitas grazas Raúl e que cumplas moitos máis.
.