miércoles, 16 de noviembre de 2022

CUMPLEANOS DE IZAN

 O martes, día 15 de novembro, celebramos o cumpleanos de Izan na aula de 5º de Educación Infantil.

Primeiro cantamos a canción de cumpleanos feliz e sopramos a vela.

Despois Izan convidounos a un biscoito e tróuxonos tamén unha bolsa de chuches para tod@s.  Estaba todo boísimo!

Pasámolo súper ben!!

Moitas grazas, Izan. Xa tes 4 anos: Parabéns!

Biquiños dos compañeiros/as e da túa profe.












domingo, 13 de noviembre de 2022

CUMPLEANOS DE SAMUEL

 O venres 13 de Novembro na clase de 4º de Infantil celebramos o cumple de Samuel.Cumpliu 3 aniños

e xa é un chicazo!

Cantamos o cumpleanos feliz e escoitamos música para celebrar este día.

Soprou as tres velas e aplaudímoslle moi forte!

Convidounos cunha bolsiña chea de chuches que estaban riquísimas!!!!

Moitas felicidades Samu e que cumplas moitos máis!!!










martes, 8 de noviembre de 2022

CUMPLEANOS DE CARLOTA.

 O luns 7 de novembro celebramos o cumple de Carlota, na clase de 5 anos.Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.Convidounos cunhas preciosas bolsas de chuches, que estaban riquísimas.

Moitas grazas Carlota e que cumplas moitos máis!!!

MOITAS FELICIDADES!!!









SAÍDA DIDÁCTICA AO MUNCYT

 O día 3 de novembro realizamos unha saída A CORUÑA para visitar o MUNCYT ( Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía ).Visitamos varias salas do museo, onde descubrimos obxectos e inventos moi curiosos que nos gustaron moito.Aprendimos moitas cousas que non sabíamos.Antes de regresar ao cole merendamos nunha sala do museo.

Pasámolo moi ben.Estas son algunhas das fotos que fixemos, esperamos que vos gusten :























miércoles, 2 de noviembre de 2022

CUMPLEANOS DE IRIA NOYA

 O mércores 2 de novembro celebramos o cumple de Iría Noya, na clase de 5 anos.Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.

Convidounos cuns paquetiños sorpresa con etiquetas, cos nomes dos seus compañeiros/as .No interior tiñan unhas riquísimas magdalenas.Que ricas!

Moitas grazas Iría e que cumplas moitos máis!!!

MOITAS FELICIDADES !!!