sábado, 22 de junio de 2019

CUMPLE DE DAMIÁN

O xoves,13 de xuño,na aula de 4 anos celebramos o cumple de Damián.
A súa mamá fíxonos un biscoito enorme que estaba sabrosísimo!!!
Todos-as repetimos e despois invitamos aos nosos compañeiros de 3 e 5 anos.Non quedou nin unha migalla!!!
Soplou a vela e cantámoslle o "Cumpleanos Feliz"
Moitísimas felicidades Damián e que cumplas moitos máis!!!






jueves, 6 de junio de 2019

Proxecto: "Os medios de comunicación e a convivencia"

Bos días! 
O curso está a piques de rematar, e como ben sabedes, este ano o noso proxecto de centro son os medios de comunicación e a convivencia. Con motivo de facer un recopilatorio do aprendido, esta semana expoñemos na biblioteca do centro os nosos traballOs. Os primeiros en impresionarnos co seu propio telexornal foron os compañeiros e compañeiras de infantil. Pedazo periodistas temos en Curtis!