martes, 28 de febrero de 2017

ENTROIDO 2017

O venres 24 celebramos a festa do entroido no noso cole.
Todos ibamos disfrazados de algo relacionado co mar.Non se sabía cal era o mellor!!!
Primeiro fixemos unha pequena festa degustando filloas,orellas e rosquillas.
Despois subimos ao patio de primaria e recitamos poesías de Rosalía de Castro.
Por último,saímos á rúa para facer o desfile.Moitos pais,amigos,veciños...nos acompañaron durante o paseo.
Foi un día fantástico!!!!





























miércoles, 22 de febrero de 2017

VISITA DE CRISTINA

O 21 de febreiro visitounos Cristina Seijas Sanfiz,unha profe de Lugo que escribiu varios libros para nenos e nenas de 2 a 6 anos.
Os alumnos de 1º acompañáronnos á biblioteca e alí contounos o conto de "ALEJO EL CONEJO".
Trátase dun libro de varios capítulos para traballar  distintos valores.
Regalounos un marcador para os libros que nos encantou!!!
Moitíiiiisimas grazas Cristina,esperamos volver a verte con máis contos.







lunes, 20 de febrero de 2017

CUMPREANOS DE ANTÓN


 O 14 de febreiro, na clase de 5 anos celebramos o cumpre de Antón.
 Trouxo unha tarta que estaba boíiiiiisima e ademáis moi ben decorada cunha oblea na que aparecía
a patrulla canina.Estaba rechea de chocolate e nata e case todos repetimos porque somos moi larpeiros.
 Convidamos aos nosos compañeiros de 3 e 4 anos e tamén lles gustou moito.
 Para rematar,regaloulle aos seus compañeiros de curso un paquetiño de pastillas de caramelos.
 Moitas grazas Antón e que cumpras moitos máis!!!





CUMPLEANOS DE MENCÍA EN 3 ANOS

O venres 17 de febreiro na clase de 3 anos celebramos o cumple de Mencía que xa ten 4 anos. Pasámolo moi ben e comemos un biscoito de chocolate boísimo que trouxo a súa mamá, ademais tamén nos regalou a cada un unha galleta que decorou ela soliña.

Moitísimas felicidades Mencía e que cumpras moitos máis.