lunes, 21 de noviembre de 2016

DÍA DO NENO

O venres 18 de novembro os alumnos e alumnas de infantil celebramos o Día do Neno que é unha conmemoración oficial do calendario escolar da Xunta de Galicia. Todos xuntos fomos a biblioteca do centro e despois de falar un pouquiño dos dereitos que deberían ter todos os nenos vimos o vídeo Caminos hacia la Escuela. O vídeo gustounos moito e fíxonos pensar na sorte que temos por ter tan fácil vir a escola, algúns nenos do vídeo tiñan que camiñar moitos quilómetros, cruzar ríos, montañas … en situacións moi arriscadas xogándose en moitos casos a vida.
Despois de velo todos os nenos e nenas demos a nosa opinión, e as profes contáronnos cousas dos países que saían no vídeo.

Agora que sabemos máis doutras realidades, intentaremos axudar, compartir e mellorar coma persoas.








No hay comentarios:

Publicar un comentario