sábado, 14 de junio de 2014

¡FIXEMOS MAGDALENAS!

        O mércores día 11, estabamos moi contentos pois... ¡ibamos participar nun obradoiro de cociña!. Primeiro colocamos enriba da mesa todo o necesario: un bol, unhas varillas, ovos, aceite, fariña, azucre, royal,  1 limón, o rallador e uns moldes con formas de mariquitas que nos encantaron. Observamos como eran os ovos, cal era a clara e cal a xema e despois cada un de nós botamos un ingrediente. A continuación remexemos coas varillas ata que nos quedou unha mezcla sen grumos. A profe axudounos a repartila nos moldes. Despois foron ao forno quince minutos e tachán!!! Magdalenas feitas!!. Para que a repostería fose de altísima calidade, botámoslle por riba chocolate fundido e fideos de azucre de cores e así quedáronnos ricas, ricas!!
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/magdalenas/template.swf

No hay comentarios:

Publicar un comentario