sábado, 21 de junio de 2014

FELICES VACACIÓNS.

        Xa rematou o curso que pasou voando! As mestras de infantil queremos agradecer ás familias a súa colaboración nos diferentes proxectos propostos ao longo do curso, xa que como sempre, foi estupenda!! Moitas grazas por facer fácil o noso traballo e axudarnos a motivar aos nenos/as.
        Tamén queremos despedir dende aquí a os nosos nenos/as maiores de infantil que rematan con nós, e pasan para primaria. Xa lles lembraremos que nos veñan facer unha visitiña!!.
        Por outro lado, queremos agradecer as mostras de cariño que nos facedes chegar, as vosas colaboracións e diversas actividades, comentarios deste blog (que leemos sempre), e que nos animan a seguir traballando así.
        Dende o equipo de educación infantil desexámosvos unhas felices vacacións e descansade moito que vos esperamos á volta!! Un bico moi grande!
 
 

1 comentario: