jueves, 29 de noviembre de 2012

O BERRO DE MUNCH.

        Os nenos/as de 4 anos, tamén seguimos traballando no proxecto do medo. E tamén realizamos o noso cadro relacionado con este tema. Coñecimos o cadro que leva por título "O berro" e que realizou Munch. Nel aparece unha persoa que parece asustada e que está berrando. Se pinchas na seguinte imaxe do seu autorretrato poderás saber moitas máis cousas deste pintor.
 
 
          Despois fixemos a nosa propia versión do cadro.  Pintamolo como máis nos gustaba. A profe sacounos fotos poñendo cara de medo, igual que no cadro de Munch e pegámolas no noso cadro. Por último puxémoslle o nome á nosa obra. Mirade nestas fotos o ben que o pasamos e que o fixemos!
           Se  pinchas no cadro do berro de Munch poderás vernos traballando.
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario