miércoles, 21 de noviembre de 2012

NOITE ESTRELADA.

          Os nenos/as de 5 anos seguimos traballando no proxecto das bruxas. A profe ensinounos unha pintura moi bonita que se chama  "noite estrelada" de Vincent  van Gogh. Pero nós imolo personalizar un pouco e poñeremoslle unha bruxiña voando nesa noite tan fermosa.
          Con esta actividade pretendemos que os nenos/as se acheguen ao arte dun xeito lúdico e motivador para eles. Coñezan pintores recoñecidos e algunhas das súas obras máis importantes.
Para coñecer un pouquiño máis sobre Vincent van Gogh, pincha no seu autorretrato.

 

           As nosas pinturas versionando o cadro quedaron preciosas. Ademáis estabamos moi concentrados porque queríamos que nos quedara moi ben. Para vernos, clica no cadro.

 
Estes nenos/as son uns verdadeiros artistas!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario