jueves, 27 de noviembre de 2025
ANIVERSARIO DE SHANELLE
lunes, 17 de noviembre de 2025
OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIAL
jueves, 6 de noviembre de 2025
SAMAÍN E MAGOSTO NO COLEXIO
martes, 28 de octubre de 2025
MERENDA TERRORÍFICA!
lunes, 27 de octubre de 2025
24 DE OUTUBRO: DÍA DAS BIBLIOTECAS
jueves, 23 de octubre de 2025
SANITÍN E A ALIMENTACIÓN SAUDABLE!
No día de hoxe visitáronnos dúas integrantes do programa "Cores" (consumo responsable), un programa de formación permanente da Escola Galega de Consumo do Instituto Galego de Consumo e Competencia.
Deste xeito, comezamos o obradoiro coñecendo á mascota "Sanitín" que nos axudou a clasificar os alimentos en "saudables" e "non saudables".
Logo de coñecer a pirámide alimenticia, tivemos unha misión: axudarlle á María a elaborar a súa cena, tendo en conta que os alimentos que escollésemos deberían ser saudables. Puxémonos man á obra e saíron pratos moi apetecibles!
Agora xa temos claro cales son aqueles alimentos máis saudables para nós e poñerémolo en práctica no noso día a día!
Gozamos moito desta esperiencia!
martes, 23 de septiembre de 2025
CUMPLEANOS DE TAHIEL
A semana pasada na clase de 5º de Educación Infantil celebramos o cumple de Tahiel.
Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.Tahiel convidou os seus compañeiros/as cunha tarta decorada con moitos dinosaurios, que estaba deliciosa, riquísima.
Tamén degustaron zumes de piña e melocotón.Encantáronlles!!!
Moitas grazas Tahiel e que cumplas moitos máis!!!
MOITAS FELICIDADES !!!
CURSO 2025-2026
Benvidos e benvidas ao blogue dos nenos e nenas de infantil do CEIP de Curtis.
Comezamos este curso 2025-2026 con moita ilusión e ganas de aprender. As mestras de educación infantil desexamos que sexa un curso cheo de novas experiencias e aprendizaxes.
Aquí iremos compartindo ao longo destes meses acontecementos destacados, rechamantes e tamén inesperados do día a día das nosas tres aulas.
Estade moi atent@s e...
Que comece a aventura!

.jpeg)
.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)





































