Hoxe celebramos o cumpleanos de Kevin na aula de 5 anos. Convidounos a unha riquísima tarta!! mmmm!!! Moitas felicidades Kevin e que cumplas moitos máis.
martes, 21 de mayo de 2013
lunes, 20 de mayo de 2013
CUMPLEANOS DE LUCAS.
Hoxe celebramos o cumpleanos de Lucas na aula de 5 anos. E convidounos a unha preciosa tarta con esquimal e iglú incluido!!! Moitísimas grazas Lucas por esta estupenda e riquísima tarta. Moitas felicidades e que cumplas moitos máis!.
miércoles, 15 de mayo de 2013
LETRAS GALEGAS.
Hoxe rematamos as actividades previstas para a semana das Letras Galegas. Estivemos na biblioteca, e en primeiro lugar recibimos os agasallos por participar no concurso de debuxar ao homenaxeado: Roberto Vidal Bolaño. E en cada curso ademais, houbo un ganador:
-En 3 anos foi Vera.
-En 4 anos Nerea.
-En 5 anos Paula.
Moitas felicidades ás gañadoras.
Despois vimos un contacontos. Aquí tedes as imaxes.
CUMPLEANOS DE LAURA.
Hoxe celebramos na aula de 4 anos o cumpleanos de Laura. Convidounos a unha tarta preciosa chea de formiguiñas que nos encantou!!! Moitísimas gracias Laura por compartir con nós este biscoito de chocolate tan riquísimo. Moitas felicidades e que cumplas moitos máis.
martes, 14 de mayo de 2013
FACEMOS XABÓN
Seguindo coas actividades dentro da semana das Letras Galega, hoxe realizamos xabón. Elaborámolo de glicerina, por iso, tivemos que partila en anaquiños pequenos para que despois se derretera moi ben. Despois botámoslle color e tamén aroma, vainilla. E no último paso... purpurina!!! así o fixemos...
lunes, 13 de mayo de 2013
MUSICA GALEGA.
Hoxe recibimos na biblioteca a visita dun músico, José María de Ortigueira que nos ensinou un montón de instrumentos musicais galegos, e o seu son. Algúns xa os coñecíamos, como a pandereta, o tambor, o bombo, as cunchas.. pero outros eran novos para nós, e tamén o seu son, como: os pitos, a trompa, a zanfona (que puidemos ver incluso por dentro) e que nos pareceu moi rara...
Pero o mellor de todo, foi poder tocar os instrumentos e incluso participar nunha peza co noso amigo José María. Aquí vedes o ben que o fixemos.
miércoles, 8 de mayo de 2013
LINDA Á ESPREITA.
Hoxe pola tarde escoitamos o conto de "Linda á espreita", que nos contou Iago López empregando un libro xigante. Linda é unha vaca á que lle encanta asustar ao carteiro e cando Iago nos contaba as súas historias, nós participabamos facendo o que ela facía!!! Pasámolo moi ben na biblioteca. Pincha na imaxe do conto para vernos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)