martes, 30 de abril de 2013

CUMPLEANOS DE PAULA

       Na aula de tres anos celebramos o cumpleanos de Paula. Convidounos a un estupendo biscoito que estaba moi rico. Moitísimas felicidades Paula e que cumplas moitos máis!!!


lunes, 29 de abril de 2013

CUMPLEANOS DE DIEGO.

        Hoxe celebramos na aula de 4 anos o cumpleanos de Diego. Convidounos a un riquísimo biscoito de chocolate que nos encantou e do que non quedou nadiña!! Moitas grazas Diego e que cumplas moitos máis.
 

miércoles, 24 de abril de 2013

PLANTAMOS.

       Coa chegada da primavera, quixemos facer a nosa plantación. Comezamos traendo da casa unha botella baleira que nos serviría de maceta. Puxémoslle o noso nome e a data da plantación. Tamén a decoramos para facela máis bonita e por último puxémoslle un letreiro co nome da semente: perexil.
Por turnos pasamos a plantar: había que encher a nosa maceta-botella. Logo botar a semente e tapar. Por último, coa nosa regadeira, botámoslle unha pouquiña auga para que medrara. Aquí tedes fotos de todo o proceso.

 

O DÍA DO LIBRO.

     O pasado día 23 foi o día do libro. Para celebralo todo o cole participou nunha mesma actividade.    
      Cada aula debía realizar unha portada do libro que máis nos gustara. Os nenos e nenas de infantil tamén participamos:
      -Os de 3 anos co conto dos tres porquiños.
      -Os de 4 anos co da xoaniña rosmona.
      -E os de 5 anos co da casa redonda.
      Deixámosvos aquí imaxes dos nosos traballos e da exposición que se pudo ver en Primaria.
 
 

CUMPLEANOS DE IRIA.

       Hoxe celebramos o cumpleanos de Iria na aula de 4 anos. Convidounos a unha riquísima tarta de chocolate. Moitísimas grazas Iria, estaba boísima e pasámolo xenial. Que cumplas moitos máis.
 
 

martes, 23 de abril de 2013

TITERES

         Hoxe no cole pasamos unha tarde moi divertida. Puidemos ver un teatro de títeres que nos fixo reir moitíiiiiisssssiiiimooo! estes bonecos tiñan unhas ocurrencias moi divertidas!!! Podes ver, si clicas na imaxe, o ben que o pasamos.
 
 

martes, 16 de abril de 2013

CUMPLEANOS DE MIGUEL.

         Hoxe celebramos na aula de 4 anos o cumplenaos de Miguel. En realidade xa foi fai uns días pero Miguel quixo agasallarnos con un estupendo e delicioso biscoito con forma de osiño. Moitas grazas Miguel e que cumplas moitos máis!
 

lunes, 15 de abril de 2013

RECANTO DOS ESQUIMAIS

         Na clase de 5 anos xa temos rematado o  noso recanto de esquimais. Trouxemos moita información da casa, investigamos, fixemos moitas manualidades, e... despois de tanto traballo... quedou así de bonito!!. Pincha na imaxe para velo!.
 

domingo, 14 de abril de 2013

MINUSCULOS.

       Hoxe queremosvos presentar  uns vídeos  de bichos, que esperamos que vos gusten.Trátase da serie Minuscule (Minúsculos) que é un traballo que amosa a vida dos insectos dun xeito moi divertido. Minuscule é unha serie de televisión de animación francesa que nos contan pequenas historias dos bichos nun día calquera no campo.
        Neste episodio que vos deixamos a continuación aparece unha xoaniña que lle encanta meterse cunhas moscas... mirade a ver que pasa...

 
       Neste outro podedes ver o ben que se organizan as formigas.
 
 
             E aquí a historia duns caracois e unha eiruga, que seguro vos vai recordar moito ao conto do patiño feo... mirade...
 
 


jueves, 4 de abril de 2013

ALMORZOS SAUDABLES

        Hoxe almorzamos no cole. Tomamos zumo de laranxa, tostadas con aceite e tomate e leite con cereais. Todos probamos de todo ainda que algún de nós era a primeira vez que tomabamos o pan con aceite. Pero á maioría encantounos!!!  E a verdade e que quixemos repetir porque estaba todo boísimo.
 

miércoles, 3 de abril de 2013

LIEBSTER BLOG AWARD

      Xusto, dende o blog do Ceip Isidro Parga Pondal, otorgounos fai uns días o premio Liebster Blog Award que nos encantou recibir!! Moitas grazas Xusto!!
 
      Se pinchades na imaxe poderedes accede ao seu blog.
 
 
       O obxectivo deste premio é dar a coñecer blogs entre a comunidade virtual. Ao recibir o premio, comprometémosnos a:
  • Nomear e agradecer  o  premio á persoa que o concedeu.
  • Responder ás once preguntas que nos formule.
  • Conceder o premio a outros once blogs que nos gusten e que estean empezando.
  • Formular once preguntas para que respondan os blogueiros aos que premiamos.
  • Visitar os blogs que fosen premiados co noso.
  • Informar aos blogueiros do noso premio.
  •  
    Respondemos ás preguntas formuladas:
     
    1. Por que decidiches crear un blog e cando comezaches?
    Comezamos este curso escolar co blog coa intención de dar a coñecer as nosas actividades e poder compartir coas familias o noso traballo.
    2. Que che aporta ter un blog?
    Permítenos informar, compartir, dar a coñecer o noso traballo e coñecer o dos demais.
    3. Cal é a entrada do teu blog que máis éxito tivo? A que o atribúes?
    As entradas con máis éxito son nas que aparecen os nenos en divesas actividades: recitando, traballando, cumpleanos.
    4. Utilizas redes sociais?
    Non.
    5. Para ti, que significa educar?
    Colaborar na formación de PERSOAS.
    6. Viviches algún feito importante a través do blog?
    Para nós o máis gratificante son os comentarios, no blog ou en persoa, valorando o noso traballo.
    7. De onde che nace a inspiracións para escribir e continuar co blog?
    Nace da propia actividade en Infatil. Contamos o que estamos a facer nese momento.
    8. Que aprendeches a nivel persoal e profesional no último ano?
    Moitas cousas...
    9. Cal é a túa frase favorita sobre educación?
    Quen se atreve a ensinar nunca debe deixar de aprender.
    10. Que consello darías ás persoas sobre o mundo dos blogs?
    Que disfruten do que fan e que compartan as suas actividades, experiencias, iniciativas cos demais. Todos aprendemos de todos.
    11. Case todos os que temos un blog, escribimos sobre o que realmente nos gusta ou motiva, como lles explicarías a alguén a importancia da vocación por algo, de perseguir os soños ...?
    A vocación polo noso traballo, por cumplir pequenos obxectivos, ir pouquiño a pouco é realmene o máis gratificante. Porque de repente miramos atrás e vemos o que temos conseguido.
     
    Os nosos 11 blogs premiados son os seguintes: (se pinchas encima deles podes vistalos)

     
     
     
     






    Estas son as once preguntas que nos deixou Xusto e que tamén vos propoñemos:
    1. Por que decidiques crear un blog e cando comezaches?
    2. Que che aporta ter un blog?
    3. Cal é a entrada do teu blog que máis éxito tivo? A que o atribúes?
    4. Utilizas redes sociais?
    5. Para ti, que significa educar?
    6. Viviches algún feito importante a través do blog?
    7. De onde che nace a inspiracións para escribir e continuar co blog?
    8. Que aprendeches a nivel persoal e profesional no último ano?
    9. Cal é a túa frase favorita sobre educación?
    10. Que consello darías ás persoas sobre o mundo dos blogs?
    11. Case todos os que temos un blog, escribimos sobre o que realmente nos gusta ou motiva, como lles explicarías a alguén a importancia da vocación por algo, de perseguir os soños ...?


     

martes, 2 de abril de 2013

OS BICHOS.

       Na aula de 4 anos imos comezar o proxecto dos bichos xa que temos moitas ganas de investigar tódolos animais que andan polo noso patio. Mentres xuntamos toda a información deixamosvos con estas cancións:

MARIPOSITA
 
 
CUCARACHITA
 
 
      Tamén vos deixamos xogos de bichos no lateral dereito do blog, onde se sitúan os xogos. Esperamos que o pasedes moi ben con eles.

CUMPLEANOS DE LORENA

         Hoxe na aula de 4 anos celebramos o cumpleanos de Lorena. Ainda que o seu aniversario foi durate as vacacións, quixo celebralo tamén con nós e convidounos a un riquísimo biscoito de chocolate!! Moitas grazas Lorena e que cumplas moitos máis.