domingo, 23 de octubre de 2016

CUMPLE DE IRIA GARCIA EN 3 ANOS

O mércores 19 de outubro, na clase de 3 anos celebrámolo cumple de Iria García, pasámolo moi ben e comemos unha tarta preciosa que tiña unha foto dá princesa Sofía, que é unha das súas princesas preferidas, encantounos e hasta deunos un pouquiño de pena ao cortala. 

Como non estaba a profe Arancha que estaba un pouquiño mal do lumbago, preparáronnos a festa a directora Chus Barral, Ester, a profe de 4 anos, e tamén Nati a nosa profe de prácticas. A Arancha deulle moita pena non estar, pero o día seguinte vimos todas as fotos e contámoslle todo e xa se puxo moi contenta.


Ademais Iria tróuxonos de regalo uns  libriños para pintar debuxos do mar, aproveitando que estamos aprendendo moitas cousas co proxecto COÑECEMOS O MAR, vámolos ter uns días na clase para falar de todas as cousas que alí aparecen e pintar un pouquiño, pero en unha ou dúas semanas xa os levamos para a casa para poder seguir traballando outro pouquiño cas nosas familias.



Moitísimas grazas Iria, pasámolo xenial e moitas felicidades por eses 3 anos marabillosos.










lunes, 17 de octubre de 2016

CUMPLE DE CELIA EN 3 ANOS

O venres 14 de outubro, celebramos na clase de 3 anos o cumple de Celia. A súa nai trouxo unha tarta con forma de bolboreta que era unha preciosidade, ademais tiña chocolate e lacasitos pola parte de arriba e gustounos moitísimo. 

Foi moi difícil facer a foto porque todos queríamos comernos os lacasitos canto antes. Todos o compañeiros e as profes cantámoslle a Celia a canción de cumpleanos feliz, pasámolo moi ben e comemos moita tarta que estaba deliciosa, no recreo compartimos cos nenos e nenas das clases de 4 e 5 anos.

Ademais Celia tróuxonos de regalo a todos unhas galletas que tiñan forma de número 3, estaban riquísimas, moitas gracias Celia, moitísimas felicidades e que cumpras moitos máis.













lunes, 10 de octubre de 2016

CUMPLE DE ALBA EN 3 ANOS

O mércores 5 de outubro celebramos o cumple de Alba na clase de 3 anos, pasámolo moi ben e comemos un bolo riquísimo que trouxo a súa nai. Ademais cantámoslle a canción de cumpleanos feliz e bailamos todos xuntos polo aula. Como nos sobrou un anaquiño compartimos cos compañeiros e compañeiras de 4 e 5 anos no recreo.

Moitas grazas Alba e que cumpras moitos máis!!