martes, 26 de marzo de 2013

Programa de Estimulación da Linguaxe Oral

Os nenos e nenas das aulas de 4 e 5 anos fan moitos xogos na hora de Audición e Linguaxe...imos ver algún!

jueves, 21 de marzo de 2013

XOGAMOS NA PIZARRA DIXITAL

        Hoxe os nenos/as de 4 anos xogamos na pizarra dixital. O xogo é o que está tamén publicado aquí no blog, e serviunos para recordar todo o que aprendimos co noso proxecto de China. Pero a verdade e que poder xogar na pizarra dixital, arrastrando os debuxos e letras, é moitísimo máis divertido!!. Mirade o ben que o fixemos.
 

miércoles, 20 de marzo de 2013

CHINITOS E CHINITAS!

         Na aula de 4 anos disfrazamonos para rematar o noso proxecto. Foi moi divertido e todos/as esperabamos ansiosos o noso turno para disfrazarnos e sacar a nosa foto. Mirade que guapísimos/as estamos!!
 
 

lunes, 18 de marzo de 2013

CUMPLEANOS DE HUGO.

         Hoxe na aula de 3 anos celebramos o cumpleanos de Hugo ao que desexamos moitísimas felicidades e que cumpra moitos máis!!!! Hugo, agasallounos cun biscoito de chocolate que estaba de rechupete!! moitas grazas.


domingo, 17 de marzo de 2013

A XOGAR!

          Os nenos/as de 4 anos estamos rematando  o noso proxecto de China. Agora é o momento de poñer a proba todo o que sabemos... Neste xogo poderás atopar moitas das cousas que traballamos. A xogaaar!
 
 

jueves, 7 de marzo de 2013

MASCOTAS VIRTUAIS

OLA NENOS/AS E FAMILIAS!

  HOXE QUEREMOS DARVOS UNHA SORPRESA. 

POR ESTE MOTIVO,ACABAMOS DE INSTALAR NESTE BLOG 3 MASCOTAS VIRTUAIS.

 PARA QUE POIDADES XOGAR CON ELAS CANDO QUEIRADES!.

CADA AULA TEN A SÚA.

ESTÁN SITUADAS NA MARXE DEREITA (DEBAIXO DE "ARCHIVOS DO BLOG").

PODEREDES CUIDALAS E DARLLES DE COMER FACENDO CLIC EN "MORE".

ESPERAMOS QUE VOS GUSTEN !

martes, 5 de marzo de 2013

FACENDO UN IGLÚ.

            Xa sabemos cada vez máis cousas dos esquimais. Se queredes saber como son as suas casas podedes ver este divertido video onde Pingu quere facer un iglú. Conseguirao?

lunes, 4 de marzo de 2013

TE CHINO E DRAGÓN.

       Os nenos/as de 4 anos queriamos realizar a cerimonia do té chino. Sabíamos que os nenos/as de 5 anos xa realizaran esta actividade o ano pasado, así que convidamolos para que nos explicasen cómo se facía. Tamén avisamos a os de 3 anos para que puideran participar. Cando xa estabamos preparados chegou unha princesa china, que nos saudou e comezou a cerimonia do té. Nós xa sabiamos que non podíamos tomar té, así que tomamos unha infusión de froitas: mazá, laranxa, limón e froitos do bosque. Era vermella e estaba moi doce. A algúns nenos encantoulles e a outros non tanto....Pero todos probamos a nosa infusión.
        Se pinchas na seguinte imaxe podes ver as fotos. Esta vez, tarda un pouquiño máis en cargar o programa, porque sacamos moitas fotos.
 
Pero non acababan ahí as nosas sorpresas. Para ese día tiñamos preparado un gran dragón chino feito por nós. Queríamos acabar o día cunha gran festa cos nosos amigos, así que saimos co noso dragón ao patio! Tódolos nenos participaron e foi moi divertido!
 

 
 E dende aquí queremos dar as grazas ás profes que nos axudaron a levar a cabo esta actividade xa que sen a súa axuda esto sería imposible. 

sábado, 2 de marzo de 2013

CUMPLEANOS DE TERESA.

           Na aula de 5 anos celebramos o cumpleanos de Teresa. Convidounos a un biscoito que estaba riquísiiiimo! Moitisimas gracias Teresa e que cumplas moitos máis!.