jueves, 28 de febrero de 2013

OS ESQUIMAIS.

        Na aula de 5 anos estamos levando a cabo un novo proxecto sobre os esquimais. Ainda non rematamos o recanto, pero en canto o teñamos listo publicaremolo no blog para compartilo con todos.
       Mentras tanto deixámosvos unha película de nanuk, o esquimal. É un pouco antiga, está en blanco e negro e é muda, pero sérvenos moi ben para ir coñecendo esta nova cultura e forma de vida.    
        Esperamos que vos guste e aprendamos todos moito sobre os esquimais con ela.
 
 
         Tamén vos deixamos esta fermosa canción de nanuk el esquimal. Pulsa no play para comezar a escoitala.
 


 
        E por último, deixamosvos un xogo esquimal que teredes sempre no lateral dereito onde se situan os xogos do blog.
        Esperamos que disfrutedes moito con este novo proxecto.
 

miércoles, 27 de febrero de 2013

POEMA DO INVERNO

Os nenos e nenas de 5 anos xa prepararon outro poemiña. E é que estes nenos/as están feitos uns auténticos profesionais. Aquí podedes ver o ben que o fan!!
 

lunes, 25 de febrero de 2013

CUMPLEANOS DE DARIO.

          Hoxe celebramos na aula de tres anos, o cumpleanos de Dario. Convidounos a un biscoito que estaba riquísimo e pasamolo xenial na sua festa!. Moitas grazas Dario e moitas felicidades no teu día!.
 

miércoles, 20 de febrero de 2013

DIA DE COMIDA CHINA.

         Na aula de 4 anos estivemos probando comida de China: arroz tres delicias, rollitos de primavera e pan de gambas.  Primeiro traballamos un pouquiño para saber como tiñamos que coller os palillos cos que iamos a comer. Logo puxemos os nosos gorriños, que xa tiñamos preparados para este día. Cada un decorouno como máis lle gustou. E por último, lavamos as mans e puxemos a mesa. So faltaba a comida!!. Nestas fotos podedes ver o divertido que foi.
 
 

     Tamén vos queremos amosar o noso bonsai, que cuidaremos entre todos e ao que lle están saindo xa flores.