viernes, 21 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS.

            Dende o equipo de Educación Infantil do Ceip de Curtis, desexamoslle  a todas as  familias unhas moi felices festas e feliz 2013!
 
 

UN DÍA MOI ESPECIAL.

            Hoxe foi un día moi especial no cole. Rematabamos o primeiro trimestre, pero tamén viña Papa Noel a visitarnos!! E por iso estabamos todos moi nerviosos e impacientes esperándoo. Tiñamos todo preparado e cando chegou alegrámonos moitísimo!!. Logo pasamos por orde a darlle a nosa carta, que escribimos na clase coas profes. E él deunos uns regaliños e.... O carnet de neno/a bo/a!!! porque este ano os nenos/as de Curtis portámonos moi ben!!!. Se clicas nas seguintes imaxes poderás vernos.
PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 3 ANOS.
 
 
PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 4 ANOS.
 

PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 5 ANOS.
 
      Depois estivemos vendo a obra de teatro que fixeron os maiores do cole, os nenos de 6º. Non perdimos detalle porque foi moi divertida e rimos un montón.
 
 
 
E por último, xa pola tarde, puidemos escoitar música galega. Aprendimos un montón de cousas e coñecimos un montón de instrumentos: gaita, pandeiro, cunchas... Cantamos cancións e rematamos bailando todos xuntos. Que ben o pasamos!!


jueves, 20 de diciembre de 2012

CUMPLEANOS DE ANTÍA.

             Na aula de 3 anos celebramos o cumpleanos de Antía. A tarta estaba boísima e pasamolo moi ben. Moitas felicidades Antía!!
 
 

XOGAMOS EN PSICOMOTRICIDADE.

         Aos nenos/as de infantil encántannos as clases de psicomotricidade!! Nelas realizamos un montón de actividades e de xogos. Se pinchades na imaxe podedes ver o ben que o pasamos.

PSICOMOTRICIDADE EN 3 ANOS
 
PSICOMOTRICIDADE EN 4 ANOS
 

PSICOMOTRICIDADE EN 5 ANOS
 
 

martes, 18 de diciembre de 2012

CUMPREANOS DE MARTINA.

          Hoxe na clase de 4 anos celebramos o cumpreanos de Martina.  E comimos unha tarta de chocolate que estaba riquíiiiiisima!! Moitas gracias Martina e moitas felicidades no teu día!!


lunes, 17 de diciembre de 2012

CHEGOU O NADAL.

           Os nenos/as de infantil estamos moi ilusionados coa chegada do Nadal. E nas nosas clases xa se nota a chegada destas festas. Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo nas tres aulas de infantil. Esperamos que vos guste.