viernes, 21 de diciembre de 2012

FELICES FESTAS.

            Dende o equipo de Educación Infantil do Ceip de Curtis, desexamoslle  a todas as  familias unhas moi felices festas e feliz 2013!
 
 

UN DÍA MOI ESPECIAL.

            Hoxe foi un día moi especial no cole. Rematabamos o primeiro trimestre, pero tamén viña Papa Noel a visitarnos!! E por iso estabamos todos moi nerviosos e impacientes esperándoo. Tiñamos todo preparado e cando chegou alegrámonos moitísimo!!. Logo pasamos por orde a darlle a nosa carta, que escribimos na clase coas profes. E él deunos uns regaliños e.... O carnet de neno/a bo/a!!! porque este ano os nenos/as de Curtis portámonos moi ben!!!. Se clicas nas seguintes imaxes poderás vernos.
PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 3 ANOS.
 
 
PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 4 ANOS.
 

PAPA NOEL E OS NENOS/AS DE 5 ANOS.
 
      Depois estivemos vendo a obra de teatro que fixeron os maiores do cole, os nenos de 6º. Non perdimos detalle porque foi moi divertida e rimos un montón.
 
 
 
E por último, xa pola tarde, puidemos escoitar música galega. Aprendimos un montón de cousas e coñecimos un montón de instrumentos: gaita, pandeiro, cunchas... Cantamos cancións e rematamos bailando todos xuntos. Que ben o pasamos!!


jueves, 20 de diciembre de 2012

CUMPLEANOS DE ANTÍA.

             Na aula de 3 anos celebramos o cumpleanos de Antía. A tarta estaba boísima e pasamolo moi ben. Moitas felicidades Antía!!
 
 

XOGAMOS EN PSICOMOTRICIDADE.

         Aos nenos/as de infantil encántannos as clases de psicomotricidade!! Nelas realizamos un montón de actividades e de xogos. Se pinchades na imaxe podedes ver o ben que o pasamos.

PSICOMOTRICIDADE EN 3 ANOS
 
PSICOMOTRICIDADE EN 4 ANOS
 

PSICOMOTRICIDADE EN 5 ANOS
 
 

martes, 18 de diciembre de 2012

CUMPREANOS DE MARTINA.

          Hoxe na clase de 4 anos celebramos o cumpreanos de Martina.  E comimos unha tarta de chocolate que estaba riquíiiiiisima!! Moitas gracias Martina e moitas felicidades no teu día!!


lunes, 17 de diciembre de 2012

CHEGOU O NADAL.

           Os nenos/as de infantil estamos moi ilusionados coa chegada do Nadal. E nas nosas clases xa se nota a chegada destas festas. Aquí vos deixamos unha mostra do noso traballo nas tres aulas de infantil. Esperamos que vos guste.

jueves, 29 de noviembre de 2012

O BERRO DE MUNCH.

        Os nenos/as de 4 anos, tamén seguimos traballando no proxecto do medo. E tamén realizamos o noso cadro relacionado con este tema. Coñecimos o cadro que leva por título "O berro" e que realizou Munch. Nel aparece unha persoa que parece asustada e que está berrando. Se pinchas na seguinte imaxe do seu autorretrato poderás saber moitas máis cousas deste pintor.
 
 
          Despois fixemos a nosa propia versión do cadro.  Pintamolo como máis nos gustaba. A profe sacounos fotos poñendo cara de medo, igual que no cadro de Munch e pegámolas no noso cadro. Por último puxémoslle o nome á nosa obra. Mirade nestas fotos o ben que o pasamos e que o fixemos!
           Se  pinchas no cadro do berro de Munch poderás vernos traballando.
 
 

miércoles, 21 de noviembre de 2012

NOITE ESTRELADA.

          Os nenos/as de 5 anos seguimos traballando no proxecto das bruxas. A profe ensinounos unha pintura moi bonita que se chama  "noite estrelada" de Vincent  van Gogh. Pero nós imolo personalizar un pouco e poñeremoslle unha bruxiña voando nesa noite tan fermosa.
          Con esta actividade pretendemos que os nenos/as se acheguen ao arte dun xeito lúdico e motivador para eles. Coñezan pintores recoñecidos e algunhas das súas obras máis importantes.
Para coñecer un pouquiño máis sobre Vincent van Gogh, pincha no seu autorretrato.

 

           As nosas pinturas versionando o cadro quedaron preciosas. Ademáis estabamos moi concentrados porque queríamos que nos quedara moi ben. Para vernos, clica no cadro.

 
Estes nenos/as son uns verdadeiros artistas!!!

martes, 20 de noviembre de 2012

POEMA DO OUTONO

           No mural do outono, os nenos/as de 5 anos tiñan un fermoso poema, que pouco a pouco foron aprendendo. Agora que xa o saben enteiriño, queren amosarnolo a nós. Mirade que ben recitan estes nenos/as!!!

 

lunes, 19 de noviembre de 2012

O CONTO DE NADARÍN.

         Os nenos e nenas de 4 anos queremosvos contar o conto de Nadarín que tanto nos gusta. Nadarín era un peixiño pequeno pero moi rápido e moi listo. Conseguiu escapar dun atún grande, e pensando, pensando... argallou a maneira de enganalo para poder xogar cos seus amigos.
         A través deste conto de Leo Lionni, traballamos aspectos como o respecto polas diferenzas das características comúns, a superación dos propios medos así como o traballo en equipo.
         Esperamos que vos guste!
 
 
 

martes, 6 de noviembre de 2012

ASI DECORAMOS AS NOSAS AULAS EN SAMAIN.

Como sabedes, estivemos traballando moito para celebrar o Samaín. E tamén estamos traballando en proxectos de bruxas e de medo, polo que as nosas aulas estaban cheas de: castelos, arañas, bruxas, vampiros... e tamén fixemos uns bolsiños onde metimos as palabras das cousas que nos daban medo, para que quedaran encerradas para sempre e non nos asustaran máis. Este é o noso traballo.



ESCOITAMOS CONTOS NA BIBLIOTECA

Aquí tedes as imaxes dos contos que escoitamos na biblioteca. Como podedes ver estivemos moi atentos escoitando eses contos de medo....uuuuuuh!!!



NO SAMAIN DISFRAZAMONOS DE VAMPIROS.

            Que ben o pasamos o día de Samaín. Pola tarde, as profes disfrazáronnos de vampiros cunha capa negra e pintáronnos na cara uns grandes colmillos blancos! que medo dábamos!!! despois estivemos asustando á xente que atopábamos polo cole!
      


TRABALLAMOS CO OUTONO EN 3 ANOS.

          Os nenos e nenas de 3 anos traballamos moito pintando froitos do outono como castañas e cabazas. Aquí tedes unha mostra de como o fixemos.

 
 
 
E para poñer todas as cousas que fixemos, tamén elaboramos a nosa árbore do outono...
 
 
Tivemos a nosa primeira experiencia coa témpera. É moi divertido pintar con témpera!
 
  

CUMPREANOS DE SETEMBRO E OUTUBRO 4 E 5 ANOS

Estes foron os nenos/as que cumpriron anos en setembro e outubro nas clases de 5 e 4 anos. As tartas estaban moi ricas e pasamolo moi ben na festa!


CUMPREANOS DE MARTIN EN 4 ANOS.

O luns celebramos o cumpleanos de Martin na aula de 4 anos. O biscoito estaba riquíiiiisimo!! Moitas gracias a Martín e desexamoslle que cumpla moitos mais!!


lunes, 5 de noviembre de 2012

CUMPREANOS DE SETEMBRO E OUTUBRO DE 3 ANOS

Estes foron os cumpreanos que celebramos na aula de 3 anos nos meses de setembro e outubro. Que ricas estaban as tartas e que ben o pasamos!!!

 
 
 
 
 
 
 
 
 

sábado, 3 de noviembre de 2012

XOGO DO PROXECTO AS BRUXAS E O MEDO

Como sabedes, estamos traballando un proxecto das bruxas e do medo. Xa realizamos moitas actividades dentro del e agora toca xogar un pouquiño! Animaste a xogar? Clica na imaxe e comeza...

jueves, 1 de noviembre de 2012

OS NENOS/AS DE 4 ANOS PINTAMOS O NOSO CASTELO DE SAMAÍN.

Unha das actividades que realizamos para o noso recanto de Samaín, foi a elaboración dun castelo cheo de monstruos. Primeiro comezamos por pintalo de cores escuras, porque tiña que dar moito medo!!. Podedes ver nestas fotos o ben que o fixemos e que o pasamos pintando!

PINTAMOS FOLLAS E COGOMELOS EN 3 ANOS.

Os nenos e nenas de 3 anos traballamos moitíiiisimo pintando folliñas e setas para decorar a nosa aula. Como podedes ver nestas fotos, esforzámonos moito para que nos quedara todo moi ben! Estes nenos/as son uns artistas!

lunes, 29 de octubre de 2012

CONTOS DE MEDO.

Hoxe visitamos a biblioteca do centro onde vimos un montón de cabazas decoradas polos nenos/as do cole... Unhas moi divertidas e outras moi monstruosas!!
Despois, as profes, contaron contos de lobos, cabazas e bruxas. Ao rematar escoitamos a canción de un deles. Aquí a deixamos para que a podades cantar na casa.




jueves, 25 de octubre de 2012

TEMPO DE SAMAÍN.

Estes días estamos a preparar as nosas aulas para o Samaín. Pronto descubriredes todas as cousiñas que fixemos... Pero mentras tanto deixámosvos aquí uns xogos moi monstruosos!!

- Elixe unha cor e ponlle complementos ao teu monstruo! Se ademais queres que o monstruo che diga como quere ir dalle ao altavoz e pediracho en inglés!
 
 
 
-Outro xogo para facer a cara de un monstruo
 
 
-E a canción da bruxiña tapita, que tanto estamos a cantar no cole estes días.
 
 
  



martes, 23 de octubre de 2012

O OUTONO

Os nenos/as de educación infantil traballamos moito para decorar as nosas aulas e ambientalas coa estación na que estamos: o outono. Aquí tedes unha mostra do que fixemos...

viernes, 12 de octubre de 2012

BENVIDOS A TODOS/AS

        Benvidos a todos/as ao novo blog de infantil do Ceip de Curtis. A través del amosaremos algunhas das actividades que realizamos no cole e o ben que o pasamos! Aproveitamos para decirvos que podedes deixarnos comentarios das diferentes publicacións que realicemos para coñecer a vosa opinión.

          Para comezar deixamosvos unha canción dos tres porquiños que lles encanta aos nenos/as.