jueves, 26 de febrero de 2015

IX CONCURSO DE PINTURA FEFRIGA 2015

 
O día 21 de febreiro ,catro alumnos do noso cole acompañados polos seus pais foron a Silleda
(Pontevedra) á Feira Internacional de Galicia para recoller os premios que lles foron otorgados por participar neste concurso organizado pola Federación Frisona Galega.
Había 5 premios por cada categoría e presentáronse arredor de 90 debuxos de distintos colexios de
Galicia.
Catro alumnos de noso cole levaron premio.Así na categoría ALEVÍN foron:

Juan de E.I. 4 anos: 1º premio.

Noé de E.I. 4 anos: 2º premio.

Hugo de 1º de Primaria: 5º premio.

Na categoría BENXAMÍN:

Alonso de 3º de Primaria: 2º premio.









Noraboa !!!.Todos-as estamos moi orgullosos polo ben que o fixestes.Moitos biquiños!!!

domingo, 22 de febrero de 2015

Somos detectives!

Na clase de Estimulación da Linguaxe Oral quixemos colaborar co proxecto que as titoras de educación infantil están levando a cabo cos seus alumnos e alumnas... "O corpo humano". Por iso, traballamos a descripción externa dunha persoa co xogo de O DETECTIVE. 
Foi moi divertido e as nosas conclusións son que os nenos e nenas de Curtis teñen unhas dotes especiais para investigar... Grandes Detectives!!!! 
Se pinchades na imaxe podedes ver algunhas fotos.




jueves, 19 de febrero de 2015

CUMPLE DE ANTÓN




 O XOVES DÍA 12, CELEBRAMOS NA AULA DE 3 E 4 ANOS O CUMPLE DE ANTÓN.
 TROUXO DOUS BISCOITOS QUE ESTABAN RIQUÍIIIIIISIMOS!!!.UN DELES TRAÍA
 ANAQUIÑOS DE PIÑA E O OUTRO  ESTABA DECORADO CON MERENGUE E POÑÍA
 "FELIZ CUMPLEAÑOS".COMPARTÍMOLOS COS NOSOS COMPAÑEIROS DA OUTRA
 CLASE E REPETIMOS PORQUE ESTABAN DELICIOSOS.
 FOI UN DÍA XENIAL PORQUE ADEMAIS VIÑAMOS EN PIXAMA E PINTADOS COMO NOS MANDABA O MECO.RÍMONOS UN MONTÓN.
 MOITAS GRAZAS ANTÓN E QUE CUMPRAS MOITOS MÁIS.




sábado, 7 de febrero de 2015

30 XANEIRO : DIA DA PAZ

 

   En Infantil quixemos celebrar este día cos nosos compañeiros de Primaria. Por iso, coa axuda das nosas profes fixemos unhas flores de papel para regalarlles aos nosos maiores (avós e avoas) que viñeron pola tarde ao cole.

   Todos os alumnos-as e mestres cantamos dúas cancións para eles coa axuda de Xan, o noso profe de música. 
  
    Como nos gustou adicarlles este día aos nosos avoíños/as. 

QUERÉMOLOS TANTO !!!

   Pola mañá contamos un conto sobre unha pomba e pintamos mans de distintas razas que pegamos nun mural.

   A continuación deixámosvos unha mostra dos nosos traballos:





Deixámosvos tamén o video dunha das cancións por se a queredes cantar nas vosas casas