martes, 31 de enero de 2017

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ

O día 30 de decembro celebramos no cole o Día da Paz, foi moi divertido. Xuntámonos todos os nenos e nenas do cole no patio de arriba e fixemos dúas rodas, a pequeniña que era a dos alumnos de Infantil e a grande a dos alumnos de Primaria. Nos como éramos os pequeniños estábamos dentro da roda grande e todos xuntos agarrados das maos, demos voltas e bailamos dúas cancións, a primeira a de Gotas de auga de Macaco e a segunda O Rap da Paz que compuxeron os alumnos máis maiores ca axuda de Xan, o profe de música.
Pasámolo moi moi ben ademais de aprender e valorar o importante que é levarnos ben, respectar as diferenzas e axudarnos e apoiarnos.






CUMPLEANOS DE CHRISTIAN EN 3 ANOS

Hoxe día 31 de xaneiro cumpriu 4 anos Christian, o noso compañeiro máis maior. Pasámolo moi ben e comemos unha biscoito con forma de peixe que estaba máis que bo e ademais era precioso, tamén regalounos unhas galletas con forma de número 4.
Moitas felicidades Chris, que cumpras moitos máis.




miércoles, 18 de enero de 2017

CUMPLEANOS DE CATALINA

O martes 17 de xaneiro celebramos o cumpleanos de Catalina na clase de 4 anos.Convidounos cun riquísimo biscoito.
Estaba boísimo!!!
Compartímolo cos nenos e nenas de 3 e 5 anos.Comímolo todo, todo.Gustounos moitísimo!!!.
Troúxonos uns bonitos libros de animais con pegatinas, para utilizar na casa.
Moitísimas grazas Catalina e que cumplas moitos máis.







sábado, 14 de enero de 2017

CUMPLE DE ISABEL


 O xoves 12 de xaneiro celebramos o aniversario  de Isa que cumpliu 6 anos.Que maior!!!!
 A súa mamá trouxonos un biscoito riquísiiiiiiimo!!!Estaba adornado cunha oblea de princesas e chuches.Como nos gustou!!!!!
Convidamos aos nenos e nenas de 4 e 3 anos.
 Moitas grazas Isabel e que cumplas moitos máis.






lunes, 9 de enero de 2017

CUMPLE DE DANIELA EN 3 ANOS

O martes 20 de decembro celebramos na clase de 3 anos o cumple da Daniela, foi o último cumpleanos do ano e agora todos os nenos e nenas da clase xa temos 3 aniños.
Pasámolo moi ben aínda que foi un día moi atareado, porque ese día tamén nos visitou Papá Noél , de tódolos xeitos deunos tempo a merendar un biscoito riquísimo que trouxo a súa mamá.

Moitas felicidades Daniela que sigas tan xenial e que cumpras moitos máis.