martes, 29 de noviembre de 2016

CUMPLE DE LUCAS


 O luns día 28, na aula de 6º de infantil celebramos o cumple de Lucas.A súa tía fíxolle un biscoito de chocolate impresionante!!!Tiña a forma do número 5 porque son os anos que cumplía, pero ademais estaba adornado con chuches,coches e donetes.
 Convidamos ós nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 4 anos .
 Estaba delicioso e comémolo todiño!!!
 Moitas grazas Lucas e que cumplas moitos máis!!!





CONCURSO DEBUXO INFANTIL


 Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil participaron no XVII CONCURSO DE DIBUJO INFANTIL  que organizou a SOCIEDADE CORUÑESA CANARICULTURA.
 Lucas foi un dos ganadores.
 Puxémonos todos moi contentos e démoslle un gran aplauso.
 Moitas felicidades Lucas!!!




domingo, 27 de noviembre de 2016

ALMORZOS SAUDABLES


 O mércores 23 de novembro,como en anos anteriores o Departamento de Orientación partindo dende a área transversal "Educación para a saúde",levou a cabo a realización dun almorzo saudable para concienciar  ós nenos e nenas da importancia desta comida para ter un bo rendemento físico e mental.
 Todos xuntos no comedor disfrutamos desta actividade e despois realizamos outras nas aulas coas titoras.Bailamos moito e rematamos cunha sesión de relaxación.
 A continuación deixamos unhas fotos deste día.













jueves, 24 de noviembre de 2016

CUMPLEANOS DE BRUNO ZAS

Esta semana celebramos o cumpleanos de Bruno Zas, na clase de 4 anos.Convidounos cun biscoito redondo con moitísimos lacasitos, que fixo a súa mamá.Estaba riquísimooo!!!!
Compartímolo cos nenos e nenas de tres e cinco anos. Non quedou nadiña porque somos moi larpeiros e gustounos moito. Troúxonos tamén gusanitos e bombóns.
Moitas grazas Bruno e que cumplas moitos máis.






lunes, 21 de noviembre de 2016

DÍA DO NENO

O venres 18 de novembro os alumnos e alumnas de infantil celebramos o Día do Neno que é unha conmemoración oficial do calendario escolar da Xunta de Galicia. Todos xuntos fomos a biblioteca do centro e despois de falar un pouquiño dos dereitos que deberían ter todos os nenos vimos o vídeo Caminos hacia la Escuela. O vídeo gustounos moito e fíxonos pensar na sorte que temos por ter tan fácil vir a escola, algúns nenos do vídeo tiñan que camiñar moitos quilómetros, cruzar ríos, montañas … en situacións moi arriscadas xogándose en moitos casos a vida.
Despois de velo todos os nenos e nenas demos a nosa opinión, e as profes contáronnos cousas dos países que saían no vídeo.

Agora que sabemos máis doutras realidades, intentaremos axudar, compartir e mellorar coma persoas.








miércoles, 16 de noviembre de 2016

CUMPLE DE NAYA


 Hoxe martes 15 de novembro, celebramos o cumple de Naya.Ela e a súa mamá convidáronnos cun biscoito riquísimo cheiño de margaridas e unhas galletas con forma de cabaliños de mar xa que estamos a facer o proxecto " Coñecemos o mar".
 Que boas reposreiras !!!Como nos gustou todo!!!
 Compartimos cos nosos compañeiros-as de 3 e 4 anos e non deixamos nadiña!!!
 Moitas grazas Naya e que cumplas moitos máis.







jueves, 10 de noviembre de 2016

CUMPLEANOS DE IVÁN

O martes 8 de novembro, na clase de 4 anos celebramos o cumple de Iván.Convidounos cunha tarta de 3 chocolates que fixo a súa mamá.Estaba riquísimaaa!!!!
Compartímola cos nenos e nenas de tres e cinco anos. Non quedou nadiña, porque somos moi larpeiros e gustounos moito. Troúxonos tamén bombóns e uns agasallos preciosos.
Moitas grazas Iván e que cumplas moitos máis.






domingo, 6 de noviembre de 2016

SAMAÍN 2016


 O día 28 de outubro celebramos o samaín e o magosto.
 O primeiriño que fixemos foi escribir nun papel todo aquelo que nos daba medo para queimalo e así non volvera nunca máis a asustarnos.
 Pintamos cabazas, castelos e decoramos tetra-bricks  do leite para facer bolsiños para as castañas.
 Coa axuda das nosas familias fixemos cabazas mariñeiras e expuxémolas na entrada.Quedáronnos preciosas!!!
 As profes maquilláronnos terrorificamante.
 Disfrutamos dunha pequena festa na que comimos castañas, bebimos refrescos, cantamos e bailamos.
     
                    VAIA     TROULA!!!!!!

   Ademáis, esa semana, trememos todos xuntos/as na bilioteca do centro con contos de medo.