O día 20 de decembro celebramos o Festival de Nadal no salón de usos múltiples de Curtis.Os nenos/as de Educación Infantil participamos coa actuación "CANDO É NADAL".Fixémolo moi ben e pasámolo xenial.Boas Festas para todos/as e Feliz Ano 2025!!!
martes, 31 de diciembre de 2024
O APALPADOR NO COLEXIO DE CURTIS.
O día 19 de decembro os nenos/as de E.Infantil recibimos a visita do Apalpador.Todos estábamos moi ilusionados coa súa chegada.Fixo unha longa viaxe dende os montes de O Caurel en Lugo.Contounos moitas cousas da súa vida e por portarnos ben e traballar moito, deixounos uns bonitos agasallos e caramelos.Disfrutamos moito desta visita.
Moitas grazas Apalpador e ata pronto!!
jueves, 26 de diciembre de 2024
CUMPLEANOS DE JORGE
O mércores 18 de decembro na clase de 3 e 4 anos, celebramos de forma anticipada o cumple de Jorge.Quixo compartir esta data tan importante cos seus compañeiros/as antes de rematar o ano.Escoitamos a canción de cumpleanos feliz e pasámolo moi ben.
Convidounos cun riquísimo biscoito que estaba delicioso.Tamén agasallou os seus compañeiros/as, cunhas galletas de Nadal feitas por Jorge e a súa nai.
Moitas grazas Jorge e que cumplas moitos máis!!!
MOITAS FELICIDADES!!!
sábado, 14 de diciembre de 2024
SAÍDA DIDÁCTICA A BETANZOS
O pasado día 11 de decembro os alumnos/as de E. Infantil visitamos o Belén de Betanzos.Gustounos moitísimo !!!Despois merendamos e xogamos no parque de bolas.
Pasámolo moi ben.Estas son algunhas das fotos da saída:
domingo, 8 de diciembre de 2024
CUMPLE DE VALENTINO
O xoves día 5 de decembro na aula de 5 anos celebramos o cumple de Valentino.Xa ten 5 anos !
Que maior!!! Cantamos o cumpleanos feliz e soprou a súa vela.
A súa mamá trouxonos un biscoito riquísimoooo! Pasámolo moi ben.
Moitas grazas Valentino e que cumplas moitos máis.