Hoxe estivemos no cole dos maiores, mirando todas as cabazas que estaban expostas na entrada. Había moitísimas!! algunhas divertidas, outras terroríficas, e outras moi graciosas. Encantounos velas!!. Despois marchamos á biblioteca onde as profes nos contaron contos de medo. Para iso, estaba preparado un recanto ambientado con teas de araña, velas, monstruos, pantasmas... Así que as profes, encenderon as cabazas e as velas, apagaron as luces... e...comezaron os contos de medo. Pero nós non tivemos medo!!! Encantáronnos!!
martes, 29 de octubre de 2013
lunes, 28 de octubre de 2013
O TREN DO OUTONO
Xa chegou ao noso Centro o tren do outono. Ven cargadiño de foitos do outono!! mazás, peras, castañas, caquis, avelás, uvas... Na súa elaboración participaron todas as aulas do cole, tanto de infantil como de primaria. O tren de primaria pódese ver na entrada do cole. E o noso, o de infantil, témolo na aula de psicomotricidade. Aquí podedes ver o ben que quedaron!
martes, 15 de octubre de 2013
ALMORZOS SAUDABLES.
Hoxe levamos a cabo os almorzos saudables en educación infantil. O almorzo foi: zume de laranxa, pan con aceite e tomate, e cereais con leite e cacao. Mmmmm ! estaba todo riquísimo! despois de almorzar, subimos á aula de recursos, onde a nosa orientadora nos explicou o importante que é a alimentación e logo xogamos na PDI, onde demostramos o atentos que estivemos e o moito que aprendimos. Pincha na imaxe para vernos!.
E aqui vos deixamos as fotos de como xogamos na PDI.
Para xogar ao xogo dende a casa pincha na seguinte imaxe
domingo, 13 de octubre de 2013
DINOSAURIOS
Na aula de 5 anos estamos comezando un novo proxecto: os dinosaurios. Xa temos todo casi listo... pronto vos ensinaremos cousiñas. Os nenos e nenas de 3 anos, tamén máis adiante investigarán estes animais tan grandes!!!. Pero mentras, e para poder xogar na casa, deixámosvos uns cantos xogos de dinosaurios no lateral dereito do blog. Só tedes que pinchar sobre a imaxe para acceder ao xogo. A xogar!!
NOVOS XOGOS.
Xa temos novos xogos no lateral dereito do blog. Se pinchas na imaxe accederás directamente a él. Esperamos que vos gusten un montón e que o pasedes moi ben. A desfrutar!!
A RATIÑA LOLA.
Os nenos e nenas de tres anos nas clases de informática están xogando coa ratiña lola, un xogo moi divertido no que se inician nas tics. Aquí vos deixamos o enlace, pero tamén aparecerá no lateral onde se sitúan tódolos xogos. Así os nenos e nenas poderán xogar tamén dende as súas casas. Para xogar entrade no apartado pai/nai.
martes, 1 de octubre de 2013
CUMPLEANOS DE HUGO.
Na aula de 5 anos celebramos o cumpleanos de Hugo, que nos invitou a unha riquísima tarta de chocolate cheíña de dinosaurios!!! Como nos gustou!!! porque como estamos empezando a investigar os dinosaurios, os da tarta e as súas palmeiras, servíronnos para completar o noso recanto. Moitas grazas Hugo e que cumplas moitos máis!.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)