SAMAÍN E MAGOSTO NO COLEXIO
O pasado xoves 30 celebramos no centro o magosto e o samaín no centro. Comezamos o día levando ao buzón os nosos medos, dos cales falamos previamente na aula; para despois queimalos e que así desaparezan.
As merendas deste día foron moi variadas, dende pratos feitos con castañas ata outros moi terroríficos!
Para a acabar o día, celebramos unha xornada de convivencia de xogos populares, onde se dividiu a todo o alumnado do centro en pequenos grupos, compartindo deste xeito diversas esperiencias.



No hay comentarios:
Publicar un comentario