O último día de cole, como todos os anos, visitounos Papá Noel. Foi unha sorpresa enorme!!! Deunos regalos, caramelos e un carnet de amigos dos seus renos!!! pasámolo xenial!! E tamén tiveron agasallo as nosas profes.
sábado, 21 de diciembre de 2013
XOGANDO A PAPA NOEL
Nas clases de psicomotricidade, xogamos a un xogo moi especial! Convertímonos por un momento en pequenos papa noeles que levaban o seu trineo cargado de agasallos. Outros nenos, facíanse os durmidos esperando.... e por último abrianse os agasallos e os nenos/as xa podían xogar con eles. Aquí tendes a dramatización!!!.
jueves, 19 de diciembre de 2013
Estimulación da Linguaxe Oral
As clases de Estimulación da Linguaxe Oral son moi divertidas.Este primeiro trimestre traballamos moitas cousas: a nosa respiración e soplo, a masticación, a escoitar...e fixemos moitos xogos para relacionarnos cos nosos compañeiros. Velaquí podedes ver algunhas fotos das actividades máis divertidas.
Pinchando na primeira imaxe poderedes ver aos nenos e nenas de 4 e 5 anos.
E agora,pinchade nas velas para ver aos máis pequeniños,aos de 3 anos, que este curso tamén poden disfrutar deste programa.
Pinchando na primeira imaxe poderedes ver aos nenos e nenas de 4 e 5 anos.
martes, 17 de diciembre de 2013
SOMOS DINOSAURIOS
Os nenos/as de 5 anos xa rematamos o noso proxecto de dinosaurios, e temos que decir que o pasamos xenial!!! Para finalizalo, decidimos disfrazarnos de dinosaurios, e aquí podedes ver o guapísimos/as que estabamos!!!.
RECANTOS DE NADAL
Todo o centro está xa moi adornado... árbores de nadal, os reis magos, agasallos, portal de belén... e tamén as nosas aulas están cheas de adornos e traballiños que realizamos. Aqui vos deixamos tanto a ambientación de primaria, na que participamos coas nosas bolas adornadas coas nosas familias; como a decoración das nosas clases.
O TREN DO NADAL
Xa hai tempo que chegou o tren do Nadal ao centro. Dous trens grandes, están na entrada de Primaria, e un máis na aula de psicomotricidade de educación infantil. E están todos cargadiños de cousiñas de nadal: agasallos, flores de pascua, doces, calcetíns, bolas... qué bonitos quedaron!!!.
martes, 3 de diciembre de 2013
RECANTO DOS DINOSAURIOS
Os nenos e nenas de 5 anos estamos aprendendo un montón de cousas dos dinosaurios. Aquí vos deixamos o bonito que quedou o noso recanto con todo o material que trouxemos da casa, así como algunha manualidade que estivemos a facer. Canto traballaron estes nenos!
domingo, 1 de diciembre de 2013
XA CHEGA O NADAL.
Xa se achegan as datas de Nadal e no Centro e en Educacion Infantil comezan a aparecer xa adornos destas datas. Pronto vos amosaremos o ben que quedaron as aulas, pero mentras tanto deixámosvos con xogos de Nadal. Estarán colocados no lateral dereito onde poñemos sempre os xogos. Esperamos que vos gusten e que o pasedes moi ben.
martes, 26 de noviembre de 2013
lunes, 18 de noviembre de 2013
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
O venres estivemos na biblioteca para escoitar un contacontos. Ignacio de Lalín, contounos un montón de historias graciosísimas que nos fixeron reir moitísimo!!! que ben o pasamos.
miércoles, 13 de noviembre de 2013
RECANTOS DO OUTONO
Deixámosvos os recantos das nosas aulas adicadas ao outono. Canto traballaron estes nenos e nenas!!!.
domingo, 10 de noviembre de 2013
OUTONO
Aqui vos deixamos esta animación que ven acompañada da música de Vivaldi. Esperamos que vos guste
lunes, 4 de noviembre de 2013
CUMPLEANOS DE MARTÍN.
Na aula de 5 anos celebramos o cumpleanos de Martín, que nos invitou a un riquísimo biscoito, que estaba..mmmmm.. boísimo! Moitas grazas Martín e que cumplas moitos máis!.
CUMPLEANOS EN 4 ANOS.
Samuel, Alba, Damián e Lucía cumprimos 4 anos. Celebrámolo cos compañeiros-as da clase. Que guapos cos nosos gorros de bruxas.
martes, 29 de octubre de 2013
CONTOS DE MEDO.
Hoxe estivemos no cole dos maiores, mirando todas as cabazas que estaban expostas na entrada. Había moitísimas!! algunhas divertidas, outras terroríficas, e outras moi graciosas. Encantounos velas!!. Despois marchamos á biblioteca onde as profes nos contaron contos de medo. Para iso, estaba preparado un recanto ambientado con teas de araña, velas, monstruos, pantasmas... Así que as profes, encenderon as cabazas e as velas, apagaron as luces... e...comezaron os contos de medo. Pero nós non tivemos medo!!! Encantáronnos!!
lunes, 28 de octubre de 2013
O TREN DO OUTONO
Xa chegou ao noso Centro o tren do outono. Ven cargadiño de foitos do outono!! mazás, peras, castañas, caquis, avelás, uvas... Na súa elaboración participaron todas as aulas do cole, tanto de infantil como de primaria. O tren de primaria pódese ver na entrada do cole. E o noso, o de infantil, témolo na aula de psicomotricidade. Aquí podedes ver o ben que quedaron!
martes, 15 de octubre de 2013
ALMORZOS SAUDABLES.
Hoxe levamos a cabo os almorzos saudables en educación infantil. O almorzo foi: zume de laranxa, pan con aceite e tomate, e cereais con leite e cacao. Mmmmm ! estaba todo riquísimo! despois de almorzar, subimos á aula de recursos, onde a nosa orientadora nos explicou o importante que é a alimentación e logo xogamos na PDI, onde demostramos o atentos que estivemos e o moito que aprendimos. Pincha na imaxe para vernos!.
E aqui vos deixamos as fotos de como xogamos na PDI.
Para xogar ao xogo dende a casa pincha na seguinte imaxe
domingo, 13 de octubre de 2013
DINOSAURIOS
Na aula de 5 anos estamos comezando un novo proxecto: os dinosaurios. Xa temos todo casi listo... pronto vos ensinaremos cousiñas. Os nenos e nenas de 3 anos, tamén máis adiante investigarán estes animais tan grandes!!!. Pero mentras, e para poder xogar na casa, deixámosvos uns cantos xogos de dinosaurios no lateral dereito do blog. Só tedes que pinchar sobre a imaxe para acceder ao xogo. A xogar!!
NOVOS XOGOS.
Xa temos novos xogos no lateral dereito do blog. Se pinchas na imaxe accederás directamente a él. Esperamos que vos gusten un montón e que o pasedes moi ben. A desfrutar!!
A RATIÑA LOLA.
Os nenos e nenas de tres anos nas clases de informática están xogando coa ratiña lola, un xogo moi divertido no que se inician nas tics. Aquí vos deixamos o enlace, pero tamén aparecerá no lateral onde se sitúan tódolos xogos. Así os nenos e nenas poderán xogar tamén dende as súas casas. Para xogar entrade no apartado pai/nai.
martes, 1 de octubre de 2013
CUMPLEANOS DE HUGO.
Na aula de 5 anos celebramos o cumpleanos de Hugo, que nos invitou a unha riquísima tarta de chocolate cheíña de dinosaurios!!! Como nos gustou!!! porque como estamos empezando a investigar os dinosaurios, os da tarta e as súas palmeiras, servíronnos para completar o noso recanto. Moitas grazas Hugo e que cumplas moitos máis!.
martes, 17 de septiembre de 2013
PRIMEIROS DÍAS.
Estamos comezando o curso, e estos primeiros días estamos retomando os novos hábitos do cole. Aquí vos deixamos fotos dos nenos desfrutando do recreo e de xogos. Tamén presentamos no blog a os novos nenos e nenas de tres anos. Benvidos!
lunes, 16 de septiembre de 2013
CUMPLEANOS DE NEREA.
Hoxe celebramos o primeiro cumpleanos do curso, na aula de 5 anos, e foi o de Nerea. Agasallounos cun riquisimo biscoito!!! Moitísimas grazas Nerea e que cumplas moitos máis!
domingo, 15 de septiembre de 2013
BENVIDOS!!
Benvidos a todos/as a un novo curso escolar!! Agardannos moitas sorpresas e moitos proxectos ao longo deste ano, que pensamos compartir con vós a través deste blog.
Cool Flash Comments
viernes, 21 de junio de 2013
FELICES VACACIÓNS!!
Remata un novo curso escolar que estivo cargado de innumerables momentos irrepetibles e que este blog serviu un pouquiño de ventaniña para mostralos. Despedimos con tristeza aos nosos nenos/as de 5 anos.... ainda que seguro que os veremos no patio de Primaria e nos virán visitar!! con eso contamos!!
Queremos tamén dar as gracias as familias dos nosos alumnos, por colaborar tanto con nosoutras en tódolos proxectos que propuxemos ao longo do curso. E tamén, moitísimas grazas por tódolos comentarios, sempre tan cariñosos, que nos facedes tanto en persona como a través do blog! porque nos animan un montón no noso traballo e valoramos de todo corazón.
Sen máis, desexámoslle a todas as familias e alumnos unhas moi felices vacacións, que descansedes moito para volver a vernos en Setembro. Un saúdo e unha aperta grande do equipo de Educación Infantil do Ceip de Curtis. Ata Setembro!!
CINE
Hoxe rematamos o cole e tamén realizamos unha saída. Estivemos no cine para ver a peli:" Monstruos university". Pasámolo moi ben! Encantounos ir no bus, porque íamos moi arriba!!! e a peli foi moi divertida. Comemos un montón de palomitas que estaban boísimas. Podedes vernos nestas imaxes.
TEATRO DOS ALUMNOS DE 4º
Onte, os alumnos/as de 4º de Primaria, convidáronnos a ver unha obra de teatro sobre o conto do "frautista de Hamelín". E ademais os nenos e nenas de 5 anos de infantil participaban!! pasámolo moi ben! aquí tedes as imaxes.
miércoles, 19 de junio de 2013
AS BALEAS
Os últimos meses,os nenos e nenas de 4 e 5 anos traballaron a "Estimulación da linguaxe oral" a coñecendo moitas cousas sobre os peixes,en xeral,e as baleas,en particular. Imos ver algunas fotos de algunas actividades e xogos q realizaron.
Aquí podedes ver aos nenos e ás nenas de 4 anos:
E aquí aos nenos e nenas de 5 anos:
Aquí podedes ver aos nenos e ás nenas de 4 anos:
E aquí aos nenos e nenas de 5 anos:
Esperamos q vos gusten...
CUMPLEANOS DE MARÍA.
Na aula de 5 anos celebramos o cumpleanos de María. Agasallounos cunha riquísima tarta!! Moitas grazas María e moitas felicidades!! que cumplas moitos máis!.
martes, 18 de junio de 2013
CUMPLEANOS DE LUCAS
Hoxe na aula de 3 anos celebramos o cumpleanos de Lucas. Ainda que cumple os anos no verán, quixo celebralo no cole co resto de compañeiros e convidounos a un delicioso biscoito. Moitas grazas Lucas e moitas felicidades!!.
CUMPLEANOS DE GABRIEL.
Por problemas técnicos, non puidemos publicar antes o cumpleanos de Gabriel, pero unha vez solucionados, por fin, aquí o temos. Na aula de 5 anos, celebramos o cumpleanos de Gabriel. Moitas felicidades e que cumplas moitos máis!!
lunes, 17 de junio de 2013
MEDALLAS.
Os nenos/as de 5 anos rematan este ano a Educación Infantil, e por iso, na clase de psicomotricidade recibiron un premio: unhas medallas. Estes nenos traballaron moi ben e esforzáronse un montón!! Noraboa a todos e todas!!!
CUMPLEANOS DE VERA.
Hoxe na aula de 3 anos celebramos o cumpleanos de Vera, que nos convidou a unha riquísima tarta con unha preciosa tartaruga!!! Moitísimas grazas Vera e moitas felicidades!!
jueves, 6 de junio de 2013
miércoles, 5 de junio de 2013
BOLBORETAS E ABELLAS.
Na aula de 4 anos xa estamos rematando o noso proxecto de bichos. E decidimos disfrazarnos dalgúns dos insectos que estivemos investigando. Por votación, os insectos gañadores foron: bolboretas e abellas. Aquí podedes ver o guapos e guapas que estabamos!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)