martes, 27 de diciembre de 2016
CUMPLEANOS DE MARTÍN
O martes día 20 de decembro celebramos o cumple de Martín.Foi un día moi especial porque estaba prevista a visita de papá Noel e estabamos todos moi nerviosos.
Martín trouxo un biscoito grandísimo, todo nevado de azucre e cunhas láminas de chocolate desexándolle felicidades.Estaba boísimoooo e convidamos aos nosos compañeiros de 3 e 4 anos como facemos sempre.
Moitas grazas amigo e que cumpras moitos máis!!!
jueves, 1 de diciembre de 2016
CONMEMORACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Nas aulas de Infantil de Curtis tamén traballamos o día
contra a violencia de xénero. Todos os nenos e nenas do ciclo xuntámonos no
aula de 5 anos e as profes explicáronnos o importante que é tratar ben as nosas
mamás e estarlles moi agradecidos por todo o que nos coidan e todo o tempo que
nos dedican. Tamén falamos da importancia de tratarnos ben, respectarnos e
querernos entre nos independentemente de ser nenos ou nenas.
Ademais as profes léronnos o conto Arturo e Clementina no que dúas tartarugas namóranse e casan, pero
Clementina está soa na casa todo o día e abúrrese moito, por se fora pouca
cando Arturo chega a casa non a trata ben, insúltaa e dille que non vale para
nada. Arturo facíalle regalos que Clementina tiña que levar por riba da súa
cuncha ata que foi tan pesado que xa non poido máis e marchou da casa. Todos
decatámonos de que Arturo era moi malo e que así non se pode tratar a ninguén.
A lectura e a posterior actividade axudounos moito para
reflexionar sobre este tema xa que é nestas primeiras idades cando temos que
empezar a traballar todo o relacionado cá educación en valores, para metelo ben
na testa e que nunca, nunca máis se nos esqueza.
CUMPLEANOS DE HUGO
O mércores 30 de novembro celebramos o cumpleanos de Hugo na clase de 4 anos. Convidounos cun precioso biscoito con forma de peixe, cuberto de lacasitos de cores, que fixo a súa mamá.
Estaba boísimo!!!
Compartímolo cos nenos e nenas de tres e cinco anos.Comímolo todo, todo. Gustounos moitísimooo!!!
Troúxonos tamén bombóns e uns bonitos libros para colorear na casa con pinturas de cores.
Moitísimas grazas Hugo e que cumplas moitos máis.
Estaba boísimo!!!
Compartímolo cos nenos e nenas de tres e cinco anos.Comímolo todo, todo. Gustounos moitísimooo!!!
Troúxonos tamén bombóns e uns bonitos libros para colorear na casa con pinturas de cores.
Moitísimas grazas Hugo e que cumplas moitos máis.
martes, 29 de noviembre de 2016
CUMPLE DE LUCAS
O luns día 28, na aula de 6º de infantil celebramos o cumple de Lucas.A súa tía fíxolle un biscoito de chocolate impresionante!!!Tiña a forma do número 5 porque son os anos que cumplía, pero ademais estaba adornado con chuches,coches e donetes.
Convidamos ós nosos compañeiros e compañeiras de 3 e 4 anos .
Estaba delicioso e comémolo todiño!!!
Moitas grazas Lucas e que cumplas moitos máis!!!
CONCURSO DEBUXO INFANTIL
Os nenos e nenas de 6º de Educación Infantil participaron no XVII CONCURSO DE DIBUJO INFANTIL que organizou a SOCIEDADE CORUÑESA CANARICULTURA.
Lucas foi un dos ganadores.
Puxémonos todos moi contentos e démoslle un gran aplauso.
Moitas felicidades Lucas!!!
domingo, 27 de noviembre de 2016
ALMORZOS SAUDABLES
O mércores 23 de novembro,como en anos anteriores o Departamento de Orientación partindo dende a área transversal "Educación para a saúde",levou a cabo a realización dun almorzo saudable para concienciar ós nenos e nenas da importancia desta comida para ter un bo rendemento físico e mental.
Todos xuntos no comedor disfrutamos desta actividade e despois realizamos outras nas aulas coas titoras.Bailamos moito e rematamos cunha sesión de relaxación.
A continuación deixamos unhas fotos deste día.
jueves, 24 de noviembre de 2016
CUMPLEANOS DE BRUNO ZAS
Esta semana celebramos o cumpleanos de Bruno Zas, na clase de 4 anos.Convidounos cun biscoito redondo con moitísimos lacasitos, que fixo a súa mamá.Estaba riquísimooo!!!!
Compartímolo cos nenos e nenas de tres e cinco anos. Non quedou nadiña porque somos moi larpeiros e gustounos moito. Troúxonos tamén gusanitos e bombóns.
Moitas grazas Bruno e que cumplas moitos máis.
Compartímolo cos nenos e nenas de tres e cinco anos. Non quedou nadiña porque somos moi larpeiros e gustounos moito. Troúxonos tamén gusanitos e bombóns.
Moitas grazas Bruno e que cumplas moitos máis.
lunes, 21 de noviembre de 2016
DÍA DO NENO
O venres 18 de
novembro os alumnos e alumnas de infantil celebramos o Día do Neno que é unha
conmemoración oficial do calendario escolar da Xunta de Galicia. Todos xuntos
fomos a biblioteca do centro e despois de falar un pouquiño dos dereitos que
deberían ter todos os nenos vimos o vídeo Caminos
hacia la Escuela. O vídeo gustounos
moito e fíxonos pensar na sorte que temos por ter tan fácil vir a escola,
algúns nenos do vídeo tiñan que camiñar moitos quilómetros, cruzar ríos,
montañas … en situacións moi arriscadas xogándose en moitos casos a vida.
Despois de velo todos
os nenos e nenas demos a nosa opinión, e as profes contáronnos cousas dos
países que saían no vídeo.
Agora que sabemos
máis doutras realidades, intentaremos axudar, compartir e mellorar coma
persoas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)