Na clase de 3 anos tivemos hoxe un pitiño precioso que nos trouxo Noé e a sua nai. É tan bonito que non puidemos resistirnos a acaricialo un pouquiño con moito coidado. Despois tamén nós fixemos o noso pitiño nunha fichiña á que lle puxemos plumas. Mirade que bonito!!.
viernes, 30 de mayo de 2014
miércoles, 28 de mayo de 2014
PROXECTO "EL POLLITO"
Os nenos e nenas de 3 anos comezamos un novo proxecto: El pollito. Trouxemos da casa información e poliños de peluche e de xoguete. Estamos decorando e organizando o noso recanto. Pronto poderemos amosárvolo. Mentras tanto deixámosvos algunhas cancións e contos. Xa veredes que chulis!!.
martes, 27 de mayo de 2014
Programa de Estimulación da Linguaxe Oral:Os sentimentos
No segundo e parte do terceiro trimestre traballamos a Estimulación da Linguaxe Oral relacionándoas cos sentimentos: contentos, tristes, cansos, cariñosos...Pinchade na foto e poderedes ver algunas das actividades e xogos.
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
Hoxe estivemos na biblioteca para escoitar un conto da man de Doris, que nos gustou moitísimo. Todo comezaba con un cadro de Antonio Murado... Para vernos pincha na imaxe que te levará ao blog da biblioteca.
sábado, 17 de mayo de 2014
RESOLVEMOS A MISIÓN EN 4 E 5 ANOS.
Os nenos/as de 4 e 5 anos tamén xa resolvemos a misión. Para vernos pincha na imaxe que te levará ao blog da biblioteca.
TALLER DE COIRO.
Para rematar a semana das Letras Galegas, estivemos na biblioteca para realizar un taller de coiro no que elaboramos unhas pulseriñas que nos gustaron moitísimo. Se pinchas na imaxe levarate ao blog da biblioteca onde nos poderás ver a nós e ao resto de alumnos/as do Centro.
A actividade realizámola do seguinte xeito:
- Mollamos o coiro con un pano.
- Gravamos o nome con troqueles de abecedario coa axuda dun martelo.
- Con outro troquel de flores, formas xeométricas, etc. decoramos a pulseira.
- Nos extremos taladramos dous furados con un saca-bocados.
- Pintamos os cantos da pulseira con un rotulador permanente.
- Finalmente dáselle colora á pulseira con un tinte.
jueves, 15 de mayo de 2014
CUMPLEANOS DE LAURA
Hoxe celebramos na aula de 5 anos o cumpleanos de Laura que nos convidou a unha riquísima tarta de chocolate que comimos todiña. Moitas grazas Laura e que cumplas moitos máis!!.
O HOME ORQUESTA.
Hoxe estivemos no patio dos maiores, para ver a actuación do home orquesta. Que ben o pasamos!! pincha na imaxe para vernos.
miércoles, 14 de mayo de 2014
RESOLVEMOS A 4ª MISIÓN EN 3 ANOS
Os nenos/as de 3 anos xa resolvemos a nosa misión. Esta vez xogamos na PDI, o que nos axudou moitísimo. Se pinchas na imaxe levarate ao blog da biblioteca onde poderás vernos.
XOGOS POPULARES.
Hoxe realizamos os xogos populares no patio de infantil seguindo co programa da conmemoración das letras galegas. Se pinchas na imaxe, levarate ao blog da biblioteca onde nos poderás ver.
martes, 13 de mayo de 2014
LETRAS GALEGAS
No centro estamos conmemorando a semana das Letras Galegas. O luns comezamos realizando un baile da canción "O sol", na biblioteca, para os nosos compañeiros de primaria. E logo vimos tamén as actuacións deles: teatro, bailes, cancións... se pinchas na imaxe levarate ao blog da biblioteca onde poderás vernos.
E hoxe, volvimos á biblioteca, esta vez para realizar unha actividade proposta polo concello: " O tesouro da bruxa Maruxa", que nos encantou!!! Se pinchas na imaxe levarate ao blog da biblioteca onde nos podes ver.
martes, 6 de mayo de 2014
TRABALLOS 2º TRIMESTRE DE 4 ANOS.
Aquí vos deixamos unha mostra do moito que traballamos na aula de 4 anos!!! Esperamos que vos guste. Pincha na imaxe para vernos.
CUMPLEANOS DE PAULA
No mes de abril, celebramos na aula de 4 anos o cumpleanos de Paula que nos convidou a un riquísimo biscoito. Moitas grazas Paula.
CUMPLEANOS DE HUGO
No mes de marzo celebramos o cumpleanos de Hugo na aula de 4 anos. Convidounos a unha tarta moi rica. Moitísimas grazas Hugo!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)