martes, 25 de febrero de 2014

ENTROIDO

        Xa estamos en epoca de entroido, e no Centro todo está ambientado xa!! No edificio de Primaria temos unha familia de mecos que nos indican cada día qué temos que traer posto. É moi divertido e a verdade é que se ven cousas moi orixinais no Centro. Nesta presentación amosámosvos os murais que se realizaron  por ciclos. Cada neno/a levou para a casa un antifaz que debía traer decorado. Con todos eles adornamos o cole e quedou así de bonito!!.



        E aquí tedes unha mostra dos sombreiros ou adornos para o cuello tan divertidos que se viron por Infantil estes días!!
 
 

https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/entroido/template.swf
 

jueves, 20 de febrero de 2014

A LÚA.

           Gustaríache poder subir con unha escaleira á lúa?.... Pois eso é o que pode facer o neno de este curto de animación. Mira o que lle sucede....

sábado, 15 de febrero de 2014

14 DE FEBREIRO.

        O venres celebramos o 14 de febreiro. E quixemos realizar actividades para festexar que todos e todas somos moi amigos e que nos queremos moito!!! fixemos un montón de corazóns, pintamos bicos, fixemos murais, e tamén cintas para a cabeza!!!
 
https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/14%20febreiro/template.swf
 

miércoles, 12 de febrero de 2014

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA

     Hoxe estivemos na biblioteca para escoitar contos da man de Doris. Contounos un conto que tiña imaxes en papel dentro dun televisor. E tamén nos presentou as personaxes relacionándoas con instrumentos musicais. Foi moi divertido. Finalmente ata as profes participaron e a nós deixáronnos formar unha orquesta!!! Moitas grazas Doris por esta actividade tan divertida. E para rematar... descansamos relaxándonos cunha canción moi doce que nos cantou.... se pinchades na imaxe levaravos ao blog da biblioteca onde podedes ver esta actividade.
 
http://bibliotecacurtis.blogspot.com.es/2014/02/contacontos-na-biblioteca.html
 
 

martes, 11 de febrero de 2014

VIAXAMOS A EXIPTO

       Os nenos e nenas de 5 anos continuamos co Proxecto de Exipto e estamos coñecendo un montón de cousas. Queremos dar as grazas ás familias que nos axudaron moitísimo enviándonos información sobre o tema. Moitas grazas!! E agora, queremos amosarvos como está quedando a nosa clase de chula!! Aquí tedes unha mostra do moito que traballamos!!

https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/recanto%20de%20Exipto/template.swf

 

O TREN DO INVERNO.

        Xa hai tempo que chegou o tren do inverno ao noso Centro. Nel participaron, como sempre, todos os nenos e nenas do Centro. Nestas imaxes podedes ver os trens de Primaria e o noso de Infantil.


https://dl.dropboxusercontent.com/u/113780579/tren%20do%20inverno/template.swf
 

lunes, 10 de febrero de 2014

PROXECTO JOAN MIRÓ.

       Os nenos e nenas de 3 anos comezamos un novo proxecto no que imos coñecer un montón de cousas de un pintor moi famoso: Joan Miró. Para iso, comezamos pedindo información ás familias. E a verdade é que nos chegou un montón. Queremos agradecerlles todo o que nos trouxeron porque nos serviu un montón para o noso traballo! Grazas.  Polo de agora, estamos preparando o noso recanto, e traballando no proxecto. Pronto o amosaremos no blog. Pero mentras tanto deixámosvos un par de videos para que coñezades a este pintor.
         Neste video coñeceredes a través de un conto a vida de Miró.


       E en este outro vídeo coñeceredes algunha das súas obras e cores:

 
        E tamén vos deixamos o video do mono Bubba que nos descubre as cores.
 
 
 
        Esperamos que vos guste tanto como a nós!

jueves, 6 de febrero de 2014

FACEMOS PAPIROS

      O nenos e nenas de 5 anos estivemos realizando papiros. Primeiro preparamos o papel que deixamos secar un día. Despois coloreamos o debuxo do deus que escolleramos. Nestas fotos podedes ver cómo o realizamos.

 

  

     E aquí tedes o traballo final!!! Parecen uns verdadeiros papiros!!!

lunes, 3 de febrero de 2014

O BAILE DO DÍA DA PAZ.

       O día da Paz, tamén realizamos un baile no que participaron todos os nenos e nenas do Centro. Se nos queredes ver bailar pinchade na seguinte imaxe que enlaza co blog da biblioteca. Que ben o fixemos!!!.

http://bibliotecacurtis.blogspot.com.es/2014/02/o-noso-baile-do-dia-da-paz.html
 

domingo, 2 de febrero de 2014

O DÍA DA PAZ.

     O xoves día 30 celebramos no Centro o día da paz. Para ese día fixemos traballos e murais na nosa aula. Todo o Centro quedou decorado con moitos murais. Deixamosvos aquí unha mostra deles.
 
 








 

CUMPLEANOS DE JOEL

      O venres na aula de 5 anos celebramos o  cumpleanos de Joel. Convidounos a unha riquísima tarta que nos gustou moito!! Moitas felicidades Joel e que cumplas moitos máis!!.