martes, 5 de diciembre de 2017

CUMPLEANOS DE HUGO

O xoves 30 de novembro, na clase de 5 anos celebramos o cumple de Hugo coa nosa mascota MUNIBAL.Cantamos a canción de cumpleanos feliz.
Convidounos cun rico biscoito con forma do número cinco e decorado con moitos lacasitos de cores que fixo a súa mamá.
Estaba riquísimo!!!
Compartimos un pouquiño tamén cos nenos e nenas de tres e catro anos.Comímolo todo e gustounos moitísimo.
Moitas grazas Hugo e que cumplas moitos máis.Moitas grazas tamén polos bonitos agasallos.
Pasámolo xenial!!!







miércoles, 29 de noviembre de 2017

TALLER DE IGUALDADE

O martes 28 de novembro,tivemos o pracer de coñecer a dous encantadores cadeliños.A cadeliña chámase Venus,ten 8 anos e o pelo branco e moi longo.O cadeliño ten 9 meses e chámase Pot,,o seu pelo é marrón e moi rizado.Os dous visitan o hospital materno da Coruña para estimular a nenos-as con discapacidades.
No noso cole explicáronnos que da igual ser chico ou chica para elexir unhas actividades ou outras,así a Pot gústalle moito levar pinzas no pelo e a Venus xogar ao fútbol.Pot levaba un lazo rosa e Venus un azul.Con isto queremos aprender que temos que respectarnos todos e todas.















martes, 28 de noviembre de 2017

CUMPLEANOS DE ANXO

Hoxe,28 de novembro celebramos o cumple de Anxo na aula de 3 anos.
Convidounos cun rico biscoito que fixo a súa mamá.Puxémoslle 3 candeas e soprou moi forte!!!
Cantámoslle "Feliz en tu dia" e no recreo invitamos aos nosos compañeiros-as de 4 e 5 anos.Non quedou nadiñaaaaa.
Moitas grazas Anxo e que cumplas moitos máis!!!







lunes, 27 de noviembre de 2017

VISITA A SAN PAIO DE NARLA



O martes 21 os nenos, nenas e profes de infantil xunto ca profe de AL fomos de excursión á fortaleza de San Paio de Narla en Friol.
Recibiunos Paquita, a ama de chaves que nos explicou como se vivía antigamente no castelo.
Amosounos as distintas dependencias da fortaleza e nalgunhas había personaxes reales da época
( unha raiña,un rei,unha bruxa, unha fada mala,un cabaleiro...)
Vimos moitas pezas relacionadas coa vida no campo como por exemplo un carro de vacas con palla,ferramentas de traballo,zocas,cadeiras de montar a cabalo...
Ensinounos as semillas do liño que usaban para facer fío,así como unha roca coa que fiaban.
Fixemos rosquillas e a bruxa coceunas no forno.Estaban riquísimas!!!
Pasámolo moi ben!!!Foi un día estupendooooo!!!
A continuación deixámosvos unhas fotos.Esperamos que vos gusten.