lunes, 17 de noviembre de 2025

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIAL


O pasado xoves 13 de novembro visitounos Quico para ensinarnos aspectos relacionados coa educación vial.



Na primeira parte do obradoiro tivemos unha sesión na biblioteca onde nos explicou as normas que debemos cumprir como peóns, como debemos cruzar un paso de peóns e tamén como  funciona un semáforo. En pequenos grupos fomos practicando o aprendido.













Despois, chegou a hora de poñerse mans á obra! Equipámonos cos chalecos reflecatantes, collemos os nosos vehículos e comezamos a realizar o circuíto que nos preparou Quico! Pasámolo moi ben, como podedes ver no vídeo que vos deixamos a continuación!




Ata a próxima aventura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario