jueves, 27 de noviembre de 2025

ANIVERSARIO DE SHANELLE

O pasado venres 21 de novembro celebramos na aula de 6º de EI o aniversario de Shanelle, que cumpriu 5 anos. Shanelle tróuxonos un vídeo con fotografías dende o seu nacemento. Logo soprou a vela e desgustamos a tarta de chocolate de aniversario. Foi un momento moi agradable entre música e risas!
 



 
Parabéns Shanelle! 

lunes, 17 de noviembre de 2025

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIAL 

O pasado xoves 13 de novembro visitounos Quico para ensinarnos aspectos relacionados coa educación vial.



Na primeira parte do obradoiro tivemos unha sesión na biblioteca onde nos explicou as normas que debemos cumprir como peóns, como debemos cruzar un paso de peóns e tamén como  funciona un semáforo. En pequenos grupos fomos practicando o aprendido.













Despois, chegou a hora de poñerse mans á obra! Equipámonos cos chalecos reflecatantes, collemos os nosos vehículos e comezamos a realizar o circuíto que nos preparou Quico! Pasámolo moi ben, como podedes ver no vídeo que vos deixamos a continuación!




Ata a próxima aventura!

jueves, 6 de noviembre de 2025

SAMAÍN E MAGOSTO NO COLEXIO 

O pasado xoves 30 celebramos no centro o magosto e o samaín no centro. Comezamos o día levando ao buzón os nosos medos, dos cales falamos previamente na aula; para despois queimalos e que así desaparezan.

As merendas deste día foron moi variadas, dende pratos feitos con castañas ata outros moi terroríficos!

Para a acabar o día, celebramos unha xornada de convivencia de xogos populares, onde se dividiu a todo o alumnado do centro en pequenos grupos, compartindo deste xeito diversas esperiencias.