miércoles, 16 de noviembre de 2016
CUMPLE DE NAYA
Hoxe martes 15 de novembro, celebramos o cumple de Naya.Ela e a súa mamá convidáronnos cun biscoito riquísimo cheiño de margaridas e unhas galletas con forma de cabaliños de mar xa que estamos a facer o proxecto " Coñecemos o mar".
Que boas reposreiras !!!Como nos gustou todo!!!
Compartimos cos nosos compañeiros-as de 3 e 4 anos e non deixamos nadiña!!!
Moitas grazas Naya e que cumplas moitos máis.
jueves, 10 de noviembre de 2016
CUMPLEANOS DE IVÁN
O martes 8 de novembro, na clase de 4 anos celebramos o cumple de Iván.Convidounos cunha tarta de 3 chocolates que fixo a súa mamá.Estaba riquísimaaa!!!!
Compartímola cos nenos e nenas de tres e cinco anos. Non quedou nadiña, porque somos moi larpeiros e gustounos moito. Troúxonos tamén bombóns e uns agasallos preciosos.
Moitas grazas Iván e que cumplas moitos máis.
Compartímola cos nenos e nenas de tres e cinco anos. Non quedou nadiña, porque somos moi larpeiros e gustounos moito. Troúxonos tamén bombóns e uns agasallos preciosos.
Moitas grazas Iván e que cumplas moitos máis.
domingo, 6 de noviembre de 2016
SAMAÍN 2016
O día 28 de outubro celebramos o samaín e o magosto.
O primeiriño que fixemos foi escribir nun papel todo aquelo que nos daba medo para queimalo e así non volvera nunca máis a asustarnos.
Pintamos cabazas, castelos e decoramos tetra-bricks do leite para facer bolsiños para as castañas.
Coa axuda das nosas familias fixemos cabazas mariñeiras e expuxémolas na entrada.Quedáronnos preciosas!!!
As profes maquilláronnos terrorificamante.
Disfrutamos dunha pequena festa na que comimos castañas, bebimos refrescos, cantamos e bailamos.
VAIA TROULA!!!!!!
Ademáis, esa semana, trememos todos xuntos/as na bilioteca do centro con contos de medo.
jueves, 3 de noviembre de 2016
CUMPLE DE CARMEN
Hoxe día 2 de novembro,celebramos o cumple de Carmen que é a nosa nova compañeira que ven de Narón .Cumple 5 anos e quixo convidarnos cun riquísimo biscoito que lle comprou a súa mamá.
Estaba boísimooooo!!! e compartímolo tamén cos nosos compañeiros de 3 e 4 anos.
Moitas grazas Carmen e desexamos que estés moi feliz con nos e que cumplas moitos máis.
martes, 1 de noviembre de 2016
DÍA DA BIBLIOTECA
O 24 de outubro celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA.Ese día veu visitarnos LEIRA BUXO, un grupo de música galega. Todos os nenos e nenas cantamos con el cancións relacionadas co mar como por exemplo "Catro vellos mariñeiros", "A rianxeira", "Camariñas",...porque estamos xa traballando no proxecto "Coñecemos o mar".
Pásamolo xenial!!!
Moitas grazas Leira Buxo por facernos disfrutar dun momento tan especial.
A continuación podemos ver un anaquiño de actuación.
domingo, 23 de octubre de 2016
CUMPLE DE IRIA GARCIA EN 3 ANOS
O mércores 19 de outubro, na clase de 3 anos celebrámolo
cumple de Iria García, pasámolo moi ben e comemos unha tarta preciosa que tiña
unha foto dá princesa Sofía, que é unha das súas princesas preferidas, encantounos
e hasta deunos un pouquiño de pena ao cortala.
Como non estaba a profe Arancha
que estaba un pouquiño mal do lumbago, preparáronnos a festa a directora Chus Barral,
Ester, a profe de 4 anos, e tamén Nati a nosa profe de prácticas. A Arancha
deulle moita pena non estar, pero o día seguinte vimos todas as fotos e
contámoslle todo e xa se puxo moi contenta.
Ademais Iria tróuxonos de regalo uns libriños para pintar debuxos do mar, aproveitando
que estamos aprendendo moitas cousas co proxecto COÑECEMOS O MAR, vámolos ter uns días na clase para falar de todas
as cousas que alí aparecen e pintar un pouquiño, pero en unha ou dúas semanas
xa os levamos para a casa para poder seguir traballando outro pouquiño cas
nosas familias.
Moitísimas grazas Iria, pasámolo xenial e moitas
felicidades por eses 3 anos marabillosos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










