Hoxe celebramos na aula de 4 anos o cumplenaos de Miguel. En realidade xa foi fai uns días pero Miguel quixo agasallarnos con un estupendo e delicioso biscoito con forma de osiño. Moitas grazas Miguel e que cumplas moitos máis!
martes, 16 de abril de 2013
lunes, 15 de abril de 2013
RECANTO DOS ESQUIMAIS
Na clase de 5 anos xa temos rematado o noso recanto de esquimais. Trouxemos moita información da casa, investigamos, fixemos moitas manualidades, e... despois de tanto traballo... quedou así de bonito!!. Pincha na imaxe para velo!.
domingo, 14 de abril de 2013
MINUSCULOS.
Hoxe queremosvos presentar uns vídeos de bichos, que esperamos que vos gusten.Trátase da serie Minuscule (Minúsculos) que é un traballo que amosa a vida dos insectos dun xeito moi divertido. Minuscule é unha serie de televisión de animación francesa que nos contan pequenas historias dos bichos nun día calquera no campo.
Neste episodio que vos deixamos a continuación aparece unha xoaniña que lle encanta meterse cunhas moscas... mirade a ver que pasa...
Neste outro podedes ver o ben que se organizan as formigas.
E aquí a historia duns caracois e unha eiruga, que seguro vos vai recordar moito ao conto do patiño feo... mirade...
jueves, 4 de abril de 2013
ALMORZOS SAUDABLES
Hoxe almorzamos no cole. Tomamos zumo de laranxa, tostadas con aceite e tomate e leite con cereais. Todos probamos de todo ainda que algún de nós era a primeira vez que tomabamos o pan con aceite. Pero á maioría encantounos!!! E a verdade e que quixemos repetir porque estaba todo boísimo.
miércoles, 3 de abril de 2013
LIEBSTER BLOG AWARD
Xusto, dende o blog do Ceip Isidro Parga Pondal, otorgounos fai uns días o premio Liebster Blog Award que nos encantou recibir!! Moitas grazas Xusto!!
Se pinchades na imaxe poderedes accede ao seu blog.
O obxectivo deste premio é dar a coñecer blogs entre a comunidade virtual. Ao recibir o premio, comprometémosnos a:
- Nomear e agradecer o premio á persoa que o concedeu.
- Responder ás once preguntas que nos formule.
- Conceder o premio a outros once blogs que nos gusten e que estean empezando.
- Formular once preguntas para que respondan os blogueiros aos que premiamos.
- Visitar os blogs que fosen premiados co noso.
- Informar aos blogueiros do noso premio.
Respondemos ás
preguntas formuladas:
1. Por que decidiches crear un blog e cando
comezaches?
Comezamos este curso escolar co blog coa intención de dar a coñecer as nosas actividades e poder compartir coas familias o noso traballo.
2. Que che aporta ter un
blog?
Permítenos informar, compartir, dar a coñecer o noso traballo e coñecer o dos demais.
3. Cal é a entrada do teu blog que máis éxito
tivo? A que o atribúes?
As entradas con máis éxito son nas que aparecen os nenos en divesas actividades: recitando, traballando, cumpleanos.
4. Utilizas redes sociais?
Non.
5. Para ti, que significa
educar?
Colaborar
na formación de PERSOAS.
6. Viviches algún feito importante a través do
blog?
Para nós o máis gratificante son os comentarios, no blog ou en persoa, valorando o noso traballo.
7. De onde che nace a inspiracións para
escribir e continuar co blog?
Nace da propia actividade en Infatil. Contamos o que estamos a facer nese momento.
8. Que aprendeches a nivel persoal e
profesional no último ano?
Moitas cousas...
9. Cal é a túa frase favorita sobre
educación?
Quen se atreve a ensinar nunca debe deixar de aprender.
10. Que consello darías ás persoas sobre o
mundo dos blogs?
Que disfruten do que fan e que compartan as suas actividades, experiencias, iniciativas cos demais. Todos aprendemos de todos.
11. Case todos os que temos un blog,
escribimos sobre o que realmente nos gusta ou motiva, como lles explicarías a
alguén a importancia da vocación por algo, de perseguir os soños
...?
A vocación polo noso traballo, por cumplir pequenos obxectivos, ir pouquiño a pouco é realmene o máis gratificante. Porque de repente miramos atrás e vemos o que temos conseguido.
Estas son
as once preguntas que nos deixou Xusto e que tamén vos
propoñemos:
1. Por que
decidiques crear un blog e cando comezaches?
2. Que che
aporta ter un blog?
3. Cal é a
entrada do teu blog que máis éxito tivo? A que o atribúes?
4.
Utilizas redes sociais?
5. Para
ti, que significa educar?
6.
Viviches algún feito importante a través do blog?
7. De onde
che nace a inspiracións para escribir e continuar co blog?
8. Que
aprendeches a nivel persoal e profesional no último ano?
9. Cal é a
túa frase favorita sobre educación?
10. Que
consello darías ás persoas sobre o mundo dos blogs?
11. Case
todos os que temos un blog, escribimos sobre o que realmente nos gusta ou
motiva, como lles explicarías a alguén a importancia da vocación por algo, de
perseguir os soños ...?
martes, 2 de abril de 2013
OS BICHOS.
Na aula de 4 anos imos comezar o proxecto dos bichos xa que temos moitas ganas de investigar tódolos animais que andan polo noso patio. Mentres xuntamos toda a información deixamosvos con estas cancións:
MARIPOSITA
CUCARACHITA
Tamén vos deixamos xogos de bichos no lateral dereito do blog, onde se sitúan os xogos. Esperamos que o pasedes moi ben con eles.
CUMPLEANOS DE LORENA
Hoxe na aula de 4 anos celebramos o cumpleanos de Lorena. Ainda que o seu aniversario foi durate as vacacións, quixo celebralo tamén con nós e convidounos a un riquísimo biscoito de chocolate!! Moitas grazas Lorena e que cumplas moitos máis.
martes, 26 de marzo de 2013
Programa de Estimulación da Linguaxe Oral
Os nenos e nenas das aulas de 4 e 5 anos fan moitos xogos na hora de Audición e Linguaxe...imos ver algún!
jueves, 21 de marzo de 2013
XOGAMOS NA PIZARRA DIXITAL
Hoxe os nenos/as de 4 anos xogamos na pizarra dixital. O xogo é o que está tamén publicado aquí no blog, e serviunos para recordar todo o que aprendimos co noso proxecto de China. Pero a verdade e que poder xogar na pizarra dixital, arrastrando os debuxos e letras, é moitísimo máis divertido!!. Mirade o ben que o fixemos.
miércoles, 20 de marzo de 2013
CHINITOS E CHINITAS!
Na aula de 4 anos disfrazamonos para rematar o noso proxecto. Foi moi divertido e todos/as esperabamos ansiosos o noso turno para disfrazarnos e sacar a nosa foto. Mirade que guapísimos/as estamos!!
lunes, 18 de marzo de 2013
CUMPLEANOS DE HUGO.
Hoxe na aula de 3 anos celebramos o cumpleanos de Hugo ao que desexamos moitísimas felicidades e que cumpra moitos máis!!!! Hugo, agasallounos cun biscoito de chocolate que estaba de rechupete!! moitas grazas.
domingo, 17 de marzo de 2013
A XOGAR!
Os nenos/as de 4 anos estamos rematando o noso proxecto de China. Agora é o momento de poñer a proba todo o que sabemos... Neste xogo poderás atopar moitas das cousas que traballamos. A xogaaar!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)