domingo, 14 de abril de 2013

MINUSCULOS.

       Hoxe queremosvos presentar  uns vídeos  de bichos, que esperamos que vos gusten.Trátase da serie Minuscule (Minúsculos) que é un traballo que amosa a vida dos insectos dun xeito moi divertido. Minuscule é unha serie de televisión de animación francesa que nos contan pequenas historias dos bichos nun día calquera no campo.
        Neste episodio que vos deixamos a continuación aparece unha xoaniña que lle encanta meterse cunhas moscas... mirade a ver que pasa...

 
       Neste outro podedes ver o ben que se organizan as formigas.
 
 
             E aquí a historia duns caracois e unha eiruga, que seguro vos vai recordar moito ao conto do patiño feo... mirade...
 
 


No hay comentarios:

Publicar un comentario